Viveiro, 4 de maio, 2022. viveiroenruta.com é a web que remata de pór en marcha o BNG de Viveiro e a súa concelleira, Míriam Bermúdez, ante a gran demanda veciñal e a ausencia de políticas municipais neste eido, co obxectivo de facilitar rutinas e hábitos saudábeis así como de dar a coñecer a nosa envidiábel contorna natural.
“Unha web de rutas por todo o concello de Viveiro que conta con mapas interactivos, información e fotos das rutas, estreándose xa con 11 roteiros. O obxectivo de viveiroenruta.com é ir incrementando este número de maneira significativa coa pretensión de ser un proxecto colaborativo que se nutra da participación veciñal, polo que calquera pode contribuir compartindo a súa ruta para que figure na web”, incideu Míriam Bermúdez.
“Coa incorporación desta alternativa de ocio, enriquecemos o abano de actividades en Viveiro contribuíndo de maneira real a desestacionalizar o turismo, potenciando as actividades de ocio ao ar libre e saudábeis”, afirmou Míriam Bermúdez, quen demostra con esta web que “con interese, vontade política e apenas recursos económicos, pódense sacar adiante moitas iniciativas nun Concello. Iso si, hai que querer traballar, hai que querer buscar solucións e alternativas.”
Un mandato sen feitos no goberno de Loureiro
“O Concello de Viveiro a pesares de teren dúas páxinas web, en ningunha se poden visualizar rutas ou algunha outra forma de motivación deportiva e de ocio” afirmou Míriam Bermúdez, “de feito está máis actualizada a páxina do BNG de Viveiro, cunha soa concelleira e na oposición, que a do propio Concello con 2 dedicacións exclusivas e 7 concelleiras no goberno.”
“Pero que a web do Concello estea desfasada, non é ningunha novidade” confirmou Míriam Bermúdez, “así é que levamos desde o BNG unha Moción para transformar a páxina web do Concello de Viveiro nun servizo público transparente e actualizado, pero María Loureiro decidiu tumbar a proposta a pesares de darlle o traballo feito mencionando punto por punto as fallas desta web. Tamén levamos outra moción, xa no 2020, para a sinalización e promoción dos rutas de sendeirismo, aprobada en pleno, mais tamén sen feitos.






















En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



