Avanzan que presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias para demandar á Xunta que cubra de xeito inmediato esta praza
Ourol, 13 maio de 2022. Os socialistas presentaron unha batería de iniciativas parlamentarias para demandar á Xunta que cubra de xeito inmediato, a baixa do único médico do centro de saúde de Ourol. Así o anunciaron hoxe a Deputada Autonómica, Patricia Otero e o Alcalde de Ourol, Jose Luis Pajón, ante o deterioro da asistencia médica do Concello, xa que a maior parte da semana a veciñanza de Ourol carece de atención do seu médico de cabeceira.
O rexedor dixo “levamos dende fai un mes denunciando publicamente os constantes recortes do PP no noso centro de saúde, onde só traballa un facultativo que actualmente está de baixa. Chamei a Sanidade e ao Conselleiro e seguimos si ter unha solución nin unha resposta convincente a esta situación”. Ademais lembra que nesta mesma semana a veciñanza só contou co médico presencialmente o martes e xoves, e os tres días restantes só houbo atención telefónica dende Lugo para baixas e receitas.
A Deputada Autonómica, Patricia Otero advertiu que “unha vez máis comprobamos como o Sergas só pon parches e ademais abdica responsabilidades, xa que se non hai médicos, algo terá que ver a súa nula planificación e previsión en política de persoal na atención primaria nos últimos 13 anos de goberno popular”.
Puntualiza ademais que “esta situación dáse nun concello, o de Ourol, onde máis do 50 % da súa poboación son maiores de 65 anos, e nun concello rural, os cales están acostumados a que a Xunta de Galicia recorte constantemente servizos públicos, tan necesarios estes para poder fixar poboación”, insistiu.
Otero explica tamén que rexistrou estas iniciativas no Parlamento de Galicia“ xa que esta situación acontece dende principios do mes de abril, como xa denunciou o seu Alcalde, e que previsiblemente se estenda no tempo. Por iso quere preguntar en sede parlamentaria si o Goberno galego vai cubrir, de xeito inmediato, a baixa do único médico do centro de saúde de Ourol?”, dixo.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



