Ribadeo, 25 de maio de 2022. O salón de plenos do Concello acolleu a presentación do XVI Torneo Internacional de Veteranos que se celebrará os días 28 e 29 de maio. No evento, que organiza a Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC, participan 52 equipos chegados desde Bélxica, Reino Unido, Portugal e diferentes puntos do Estado. Son máis de 1.000 persoas as que de venres a domingo encherán os hoteis e os restaurantes de Ribadeo.
O alcalde, Fernando Suárez, declarou que “é unha honra para nós, para o Concello de Ribadeo, presentar unha edición máis, a décimo sexta, deste Torneo de Veteranos que organiza esta marabillosa Asociación Deportiva de Veteranos do Ribadeo FC, que sempre intenta bater récords de participación. Desde logo dise moi axiña que conta con 52 equipos de diferentes lugares de Galicia, do Estado e da Unión Europea: de Portugal, de Bélxica, do Reino Unido e incluso das Illas Azores, que aínda que pertencen a Portugal están un pouco máis ao norte. Van vir en torno a 1.000 xogadores durante esta fin de semana na que se vai celebrar este torneo, que ten o epicentro en Ribadeo pero que sen a axuda doutros campos, como nestes últimos anos, dos nosos veciños, tanto de Tapia como do Franco, de Navia ou de Barreiros, non sería posible poder xestionar esta cantidade de encontros que se van celebrar neste torneo”.
O rexedor manifestou que “toda esta xente entende o fútbol como un deporte, nosoutros tamén, e para iso facemos todo canto podemos en mellorar as infraestruturas municipais. Pero tamén entendemos o fútbol como un movemento económico moi importante para os sector servizos. De feito Acisa, os comerciantes e o sector servizos, esta fin de semana van ter moito movemento para comer e para durmir, o que nos vai poñer na antesala do verán por esta cantidade de xente que quere vir aquí a facer deporte e tamén a disfrutar de Ribadeo e da comarca e de todas as cousas boas que temos por aquí”.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, dixo que “desde Acisa Ribadeo queremos darlle a noraboa aos Veteranos de Ribadeo por levar a cabo este torneo, que é moi importante para Ribadeo. Estamos a falar de máis de 50 equipos, de máis de 1.000 xogadores polo que isto vai ter unha repercusión, sen dúbida, na hostalería local, especialmente na de Ribadeo, moi grande. Venres, sábado e domingo os bares, os restaurantes e os hoteis estarán cheos e ademais este evento pon a Ribadeo nun lugar bastante importante porque é referente a nivel de España na organización deste tipo de torneos. Tamén é interesante pola importancia que se lle dá a Ribadeo dentro da comarca porque estes partidos vanse xogar en varios campos de diferentes municipios e polo tanto vamos ser sede dun evento moi importante. Así que queremos agradecer que nos permitan colaborar con eles un ano máis e desexarlles o mellor”.
E o presidente dos Veteranos do Ribadeo FC, Juan Rodríguez Peceux, comentou que “desde a Asociación Deportiva dos Veteranos do Ribadeo FC só nos queda agradecer a todas as institucións que colaboran con nós así como aos distintos clubs e Concellos que nos ceden os campos a axuda que nos prestan para poder celebrar este torneo xa que sen esta axuda sería moi complicado poder ter esta infraestrutura da que dispoñemos a día de hoxe. Tamén hai que facer mención a que son moitos os compañeiros da asociación que traballan durante este torneo porque hai que facer moitas cousas que non se ven. Esperamos que todo saia ben, que non se manque ninguén, que é o principal, e toda esta xente que veña aquí sexa un motor económico para toda a comarca, que despois destes tempos vividos será importante tamén”.
No acto de presentación participaron o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, e o técnico municipal de Deportes do Concello ribadense, Iván López.





















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.


