Ribadeo, 11 de maio de 2022. A Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao balneario Forus, de Xixón, o vindeiro 29 de maio. Forma parte das actividades de lecer para as mulleres que este departamento retoma despois da pandemia do covid. O Concello costea un autobús con 50 prazas e as asistentes aboarán 18 euros por acceder ao balneario. O prazo de inscrición ábrese mañá, 12 de maio, e rematará o 25.
A edil Mariluz Álvarez Lastra dixo que “coa chegada da pandemia, os últimos anos, esta iniciativa non se puido levar a cabo. Con todo, agora recuperamos esta actividade dirixida exclusivamente a mulleres adultas. As interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM: cim@ribadeo.org ou chamando ao telefono 982 120 739. Temos 50 prazas dispoñibles”.
A concelleira de Igualdade sinalou que “con esta viaxe ao balneario Forus, de Xixón, buscamos favorecer o tempo propio na vida das mulleres, que desconecten, baixen o ritmo e dediquen tempo a esas cousas aparentemente banais que moitas veces pasamos por alto. A talasoterapia é un tratamento moi eficaz que ten fins terapéuticos e que se centra en aproveitar os elementos do entorno mariño para mellorar o estado da pel e da saúde”.
Álvarez Lastra explicou que “a viaxe terá lugar o 29 de maio pola tarde, saíndo ás 14:30 horas desde diante da oficina de turismo e regresando ao redor das 21:00 horas. As persoas que queiran participar nesta viaxe terán que sufragar a cota por utilización do Talaso, que ascende a 18 euros e inscribirse previamente. O Concello de Ribadeo custea o autobús no que se desprazase a expedición”.
E engade que “é necesario levar gorro, toalla e chanclas para as zonas acuáticas”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



