Ribadeo, 11 de xuño de 2022. “O goberno do BNG é o problema no Concello de Ribadeo: elimina dereitos dos traballadores, segue tendo casos abertos por denuncias nos xulgados, impulsa privatizacións encubertas, amortiza prazas na Relación de Postos de Traballo municipais. É o causante do mal ambiente de traballo dentro do Concello”, segundo apunta o voceiro do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Daniel Vega.
“Uns vanse porque se xubilan e tampouco sabemos se se xubilan ao 100% porque parece que seguen traballando no Concello”. Ante esta situación, dende o Grupo Municipal Popular pregúntanse como se lles paga a estes traballadores”.
Tamén advirten os populares “do problema coas prazas acumuladas e por que o goberno local non fai nada para solucionalo. Estamos a falar do posto de interventor e secretario que compartimos con outros Concellos e, polo tanto, Ribadeo só dispón deles a tempo parcial. E iso nótase no día a día do Concello. Paralízanse moitas xestións como é o caso do atraso no pago das facturas. Este Concello é o que máis tarde paga de toda A Mariña e o goberno local non da ningún tipo de explicación e seguen con normalidade absoluta. Eles cobran a súa asignación todos os meses e, polo tanto, non é un problema para os membros do goberno do BNG, pero moitas empresas e asociacións si que o notan”.
Vega explica que “algúns traballadores renuncian ao seu posto” e pregúntase a que se debe: “pode ser polas actitudes chulescas do goberno do BNG e o seu ego desmedido?”. Ao Grupo Municipal Popular non lle sorprendería tendo en conta que “nos insulta nos plenos, fáltanos ao respecto, rin e fan muecas mentres intervén algún dos concelleiros do noso Grupo, cortan a palabra á oposición no momento no que lle convén ao goberno local. Se se actúa con nós así, tamén cos traballadores. Como levan practicamente 16 anos no Concello pensan que todo é deles”. Polo tanto, “recoméndolles actitudes máis democráticas”, di o portavoz.
Explicacións aos ribadenses
Os populares esixen, polo tanto, que o alcalde dea explicacións aos ribadenses facendo fincapé en que “sexa o el mesmo o que o explique porque é el mesmo o causante de moitas denuncias coas que os traballadores acabaron no xulgado. É o causante das paralizacións, dos recortes, das privatizacións encubertas e do mal ambiente dentro do Concello”.
Vega insiste en que debe dar explicacións porque “o alcalde e o seu goberno saben perfectamente que é verdade o que estamos dicindo. E, cada vez máis, os ribadense danse conta das súas actitudes”.





















Celebrouse este luns na Delegación Territorial da Xunta en Lugo en memoria das vítimas dos terremotos de Venezuela.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
Con este xesto simbólico, expresou a súa solidariedade co pobo venezolano, trasladando o seu apoio ás familias das persoas falecidas, feridas e afectadas por unha traxedia que continúa deixando un elevado número de vítimas e miles de damnificados.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Ao acto, que tivo lugar diante da sede da institución provincial, asistiron deputados e deputadas, membros da corporación provincial e empregados públicos, que gardaron un minuto de silencio como mostra de respecto e solidariedade coas persoas afectadas pola catástrofe. A Deputación quixo así unirse ao chamamento realizado pola FEMP en toda a España, expresando o seu apoio ao pobo venezolano nestes momentos de especial dificultade.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, visitouna no seu domicilio para felicitala e entregarlle un ramo de flores en nome de toda a veciñanza. Nada en Sargadelos e veciña de Cervo, foi a máis nova de dez irmáns e desde moi nova traballou no campo e coidou dos animais, sempre cun gran espírito de esforzo. Nai, avoa e bisavoa, a súa familia destaca a súa alegría, enerxía e bo humor. Moi activa ao longo da súa vida, gozaba de viaxar, da praia, de conducir e de participar nas actividades municipais, ademais de cultivar a súa paixón por cantar. Coqueta, sorrinte e cun espírito novo, Benedicta é hoxe un exemplo de vitalidade para todo o municipio.
O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.


