Pontón destaca a riqueza dunha manifestación artística que ten miles de seguidores entre a xente moza e xera 6 M€ de actividade económica
Santiago de Compostela, 9 de xuño 2022. O BNG vai levar ó Parlamento unha proposición non de lei para reclamar a declaración de ben de interese cultural (BIC) para o baile, canto e música tradicionais galegas na categoría de patrimonio inmaterial, que permita a estas manifestacións artísticas contar coa protección e posta en valor dunha riqueza cultural que sigue moi viva.
“Hai máis de 30.000 alumnos e alumnas nas escolas de baile, un millar de profesores e de profesoras e só esta actividade xera seis millóns de euros”, destacou a portavoz nacional, Ana Pontón, durante o acto de presentación da iniciativa, que contou coa participación dun grupo de mozos e de mozas que fixeron unha demostración de baile e de canto tradicionais demostrando, precisamente, o interese das novas xeracións por estas formas culturais propias.
“Demostran a viveza desa cultura tradicional que a xente nova quere manter, motivo para o optimismo porque entender as nosa raíces é importante”, destacou a líder do Bloque, “é unha riqueza que hai que protexer, poñer en valor, apoiar e divulgar”.
Por iso, a líder nacionalista critica a inacción do Goberno do PP que tras anunciar a incoación dun expediente BIC, este foi finalmente desestimado en 2020, despois de que a tramitación se iniciase por impulso dunha iniciativa popular en 2018. Por iso, a formación nacionalista leva o tema á Cámara para retomar a tramitación e conseguir a declaración de ben de interese cultural.
O BNG toma así a iniciativa levando ao Parlamento unha proposición non de lei, tendo en conta que hai un traballo feito, incluídas as alegacións de moitas entidades sociais, “polo que o Goberno da Xunta debería recoller todo ese traballo e iniciar un novo expediente que permita darlle apoio a este patrimonio e a todo o tecido cultural que o promove e o apoia”, alegou Pontón.
Igualmente, explicou a líder nacionalista, o Bloque vai solicitar a creación dun observatorio para a música, baile e canto tradicionais galegos, para avaliar o seu estado de conservación e facilitar a preservación de todo o material e documentación, “aproveitando o importante traballo de recollida feito por moitas persoas ó longo e ancho do País de xeito altruísta”, sinalou.
Pontón destacou “o orgullo por unha tradición que non é pasado senón que sigue tendo un presente vivo e rico, pese a un Goberno que non ten feito os seus deberes”, e por iso é importante promover a declaración de BIC, “para protexer esta riqueza cultural e porque temos que coidar o noso patrimonio inmaterial”, concluíu, tras a presentación da iniciativa nun acto no que tamén estivo presenta a portavoz parlamentaria de Cultura, Mercedes Queixas, e a portavoz municipal en Santiago, Goretti Sanmartín.



















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



