Entre as propostas, “nas que quixemos involucrar aos tres centros educativos do municipio”, haberá charlas de sensibilización, sesións de recollida selectiva de lixo ou a identificación de diferentes especies arbóreas
Cervo, 6 de xuño de 2022. O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, programa con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, que se conmemora cada 5 de xuño, unha serie de actividades de sensibilización dirixidas á mocidade “para as que quixemos involucrar ao alumnado dos tres centros educativos do municipio”.
Así, tal e como explicaron o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, este mesmo luns fixemos unha saída de campo co alumnado de 1º de primaria do CEIP Península da Paz para os que deseñamos unha especie de xogo de sensibilización ambiental, distribuíndo refugallos pola contorna do Parque Reina Sofía que tiveron que localizar e identificar, para facer unha recollida selectiva de lixo “incidindo na importancia de separar os residuos e tamén de manter os espazos públicos libres de refugallos”.
Ademais, coa colaboración do alumnado do Taller de Emprego, o Concello de Cervo instalou máis de trinta placas pola zona do parque, do paseo da fábrica de salazón e da Ponte do Bao, que identifican ás especies arbóreas e arbustivas que se poden atopar no percorrido como poden ser árbores do ceo, Árbol do ceo, moreira xaponesa, ou especies autóctonas como pradairos, abruñeiros ou sobeiras, entre outras.
Os primeiros en coñecer esta nova proposta municipal foron os rapaces que participaron nas actividades mediomabientais programadas para este luns.
Por outra banda, mañá martes, terá lugar unha charla no auditorio da Casa da Cultura, en colaboración con Coca-cola Europacific Partners e a asociación Chelonia, dirixida ao alumnado de primeiro e segundo de ESO do IES Marqués de Sargadelos “co obxectivo de chamar a atención sobre a dimensión da problemática do lixo mariño”.
A sesión teórica comezará ás 10:30 horas e a continuación o grupo fará unha actividade de recollida de lixo nas praias de Cubelas e A Caosa “a fin de sensibilizar sobre a importancia de reducir o impacto do lixo nos nosos mares e de mellorar o proceso de xestión de residuos en prol dunha economía circular”, precisaron Villares e Méndez.
Esta actividade tamén responde, ademais, ao Día Mundial dos Océanos que se celebra cada 8 de xuño.
Xa o mércores, como peche da Semana do Medio Ambiente, está programada unha actividade de identificación de especies arbóreas na contorna do CEIP de Cervo.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



