O portavoz popular, Óscar Rodríguez, sinala que estes orzamentos non son nin de lonxe os que necesita Viveiro para incorporarse ao proceso de recuperación económica
Viveiro, 02 de xuño de 2022. O goberno municipal de Viveiro non mellora co avance do mandato. Un ano máis, foi incapaz de aprobar o orzamento anual do Concello no momento adecuado e sométeo a debate e aprobación a mediados de ano, cando xa debería levar seis meses en execución. O proxecto das contas municipais para o presente exercizo chega tarde e, ademais, chega mal, segundo a opinión dos membros do grupo municipal popular, expresada polo seu portavoz Óscar Rodríguez. O orzamento proposto polo goberno ascende a 13,3 millóns, e o seu capítulo VI, o de investimentos reais, só totaliza 301.560 euros (257.904 son aportados pola Deputación dentro do Plan Único), dos que o Concello só pon 43.655 €. Dunha primeira ollada ao proxecto orzamento, Rodríguez conclúe que “é pobre, reflicte a falta de proxecto do goberno presidido por María Loureiro e, dende logo, non son as contas que precisa Viveiro para este momento de recuperación económica”.
O portavoz municipal dos populares destaca: “Viveiro leva perdidos moitos anos e, á vista do proxecto orzamentario para este exercizo, o 2022 non vai ser unha excepción, lamentablemente. Digo isto porque, un ano máis, queda en evidencia a falta de proxecto de Loureiro e do seu equipo para Viveiro, tanto para a zona urbana como para o rural; hai falta de ambición e falta de proxectos innovadores. Faltan ideas e falta empuxe. Todo isto queda claro na primeira ollada que botamos a estas contas”.
Os populares din que “unha vez máis o goberno local, tan prepotente como mal xestor, non deu opción á oposición a presentar iniciativas e debatelas en comisión ou en xunta de voceiros”. Engade: “Penso que teñen medo a que os deixemos en evidencia”.
Rodríguez di que a falta de ambición da alcaldesa queda de relevo no capítulo VI, o de investimentos reais. “Se sacamos a aportación da Deputación pola vía do Plan Único, non queda nada, pero nada de nada”. Isto é así, sinala Rodríguez, porque “non teñen ideais nin gañas de traballar”.
No grupo do PP lamentan que a ineficacia na xestión do goberno municipal faga necesario que, un ano máis, nas grandes contas de Viveiro teña que figurar unha partida para o Plan Xeral de Ordenación Municipal, aínda sen acabar. Rodríguez sinala: “E así seguimos, sen PXOM e coa construción paralizada; o dano á economía de Viveiro é inmenso. Botamos de menos tamén unha iniciativa para actualizar o plan especial do casco histórico, para comprobar que é o que funciona e que non deu resultado e ver que hai que tratar de modificar.
O portavoz municipal resume: “Nesta primeira ollada ao orzamento, só podo dicir que chega tarde e mal, que reflicte falta de proxecto para o concello, déficit de xestión e unha parálise que Viveiro non se pode permitir”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



