Lugo, 9 de xuño de 2022. Este mediodía presentouse no Pazo de San Marcos unha nova edición do torneo de fútbol sala base “Heroes do Orzán”, que reunirá na Mariña equipos de base de todo o Estado en memoria de Rodrigo Maseda Lozano, policía burelés que perdeu a vida ao intentar rescatar un mozo na praia coruñesa do Orzán en 2012 xunto a outros dous compañeiros.
Isabel Lozano, nai de Rodrigo Maseda Lozano, participou no acto de presentación, xunto ao deputado de Deportes, Efrén Castro, o presidente da Fundación Indecum, Marcelino Luna, o director do torneo, Alfonso Mera, e o Comisario Principal José Esteban Corral. Tamén asistiron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, o tenente alcalde de Viveiro, Suso Fernández, e o concelleiro de Deportes de Cervo, David Rodríguez.
O torneo, que volve despois de dous anos, disputarase do 24 ao 28 de xuño en Burela (Vista Alegre e Monte Castelo), San Cibrao (A Veiga), Xove, Viveiro e Foz (Marzán), unha sede compartida que procura extender pola comarca o espectáculo deportivo e o dinamismo social e económico deste tipo de citas -na que familiares e amigos acompañan a xogadoras e xogadores-, así como a lembranza de Rodrigo Maseda Lozano.
A Fundación Indecum, que organiza o evento co apoio económico da Vicepresidencia da Deputación, agarda uns 650 participantes: xogadores, xogadoras e técnicos dos diferentes equipos duns 55 equipos das categorías biberón mixto, prebenxamín mixto, benxamín mixto, alevín mixto, infantil mixto, cadete masculino, cadete femenino e xuvenil masculino
No cartel do evento, destaca a ampla participación de equipos mariñáns, ademais de clubs doutros puntos de Galiza e do Estado Troula Betanzos, ED Celanova, Hércules Coruña FS, Sala Ourense, UD Las Rozas Boadilla, Valladolid Tierno Galván, EFS Siero.
A organización xestiona nestes días o aloxamento dos equipos de fóra da comarca, que se hospedarán fundamentalmente en hoteis de Viveiro, Foz e San Cibrao. Á demanda xenerada polos participantes súmase a de familiares e acompañantes, que multiplicarán o impacto económico do evento na hostelería da comarca.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
