Xove, 10 de xuño, 2.022. Foi presentado este mediodía polas concelleiras de Servizos Sociais e Xuventude e Deporte, Ana Abad e Cristina Iglesias e respectivamente.
Trátase de actividades deportivas e lúdicas en xeral. É un programa moi amplo que inclúe festas, xogos de todo tipo, excursións, competicións deportivas, obradoiros, etc.
As actividades que se van desenvolver, e que resumimos, son:
Rutas San Antonio da Rigueira, que se van desenvolver o luns 13 de xuño. Prazo para anotarse ata o 10 de xuño.
Programas “MÓVETE NO VERÁN” e “MÓVETE NO VERÁN CON SALA 5”, adicado a nenos e rapaces dende 3 anos a maiores de 18. Inclúe xogos, full body, Pilates,etc. Inscricións aa o 29 de xuño na OMIX .
Curso PÁDEL NO VERÁN. Do 4 de xullo ao 19 de agosto, a partieres de 6 anos. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.
FESTA ACUÁTICA na praia de Portocelo. Domingo 31 de xullo a partir das 16:00 h. con inchables acuáticos, xogos na auga, kayaks,…
XOVE CONCILIA VERÁN. Do 24 de xuño ata o 6 de setembro, con actividades de entretemento para nenos de 4º de infantil ata 4º de primaria (Prazas limitadas). Inscrición ata o 21 de xuño na OMIX.
Programa MAÑÁNS ACTIVAS durante os meses de xullo e agosto, para rapaces de 10 a 16 anos, con obradoiros de manualidades, xogos deportivos e actividades na natureza. Inscricións ata o 29 de xuño na OMIX.
Programa XUVENTUDE:
-9 de xullo: RUTA DOS FORNOS en A Pontenova, a partir de 1º de ESO (Prazas limitadas)
-13, 14 e 15 de xullo: CAMPAMENTO EN MORÁS. A partir de 6º de primaria.
-23 de xullo: PAINTBALL MOCIDADE. A partir de 3º da ESO.
-6 de agosto: VIAXE AO AQUAPARK DE CERCEDA. A partir de 1º de ESO.
-19 de agosto: OPERACIÓN DIAMANTE EN XOVE. A partir de 6 anos.
A inscrición para estas actividades vaise realizar na OMIX unha semana antes de cada actividade.
Programa XUVENTUDE EN ROQ SPORT, con prazas limitadas. Estas actividades vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello, e son:
-“Parque de aventura” o 7 de xullo, “Orientación” o 21 de xullo, “Sup e Big Sup” o 4 de agosto e “Paint ball infantil” o 18 de agosto.
Programa XUVENTUDE EN A BALEA VERDE, con prazas limitadas. Vaise desenvolver os días 6, 11, 18, 27 e 29 de xullo, e 1, 8, 10, 12, 24 e 26 de agosto, incluindo: sendeirismo, kayak, obradoiros de reciclaxe, snorkel, actividas acuáticas, praia…
Inscricións na OMIX ata 2 días antes de cada actividade. Estas actividades
vanse realizar en horario de mañá, con saída da marquesiña do bus do Concello.
DOMINGOS A REMOLLO NA PRAIA DE LAGO, os días 3, 10, 17, 24 e 31 de xullo, e 7, 14 e 21 de agosto. Con saídas en kayak e padel surf, en horario de 16:00 a 19:30 h. Inscrición na praia media horas antes da actividade.
A Organización corre a cargo do Concello de Xove, concretamente das Concellerías de Servizos Sociais, Xuventude e Deporte. Contamos tamén co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Política Social e da da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminiastracións Públicas e Xustiza, Secretaría Xeral da Igualdade.



























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



