Burela, 28 de xullo de 2022. Santiago Futsal e Pescados Rubén Burela acordan a fichaxe de Antón Arnejo por un ano. Nado en Santiago de Compostela en 1998, o á zurdo procedente do Santiago Futsal, incorpórase ao conxunto mariñán.
Anteriormente militou no filial do Noia FS, Alto do Vento e as categorías inferiores de Santiago Futsal, onde pasou catro tempadas.
Con este intégrase outro xogador novo con moito que ofrecer ao conxunto laranxa.
Caracterizase por ser un xogador con descaro, con moito desborde e con moita intensidade ofensiva e defensiva.
Nunha entrevista ofreceunos as seguintes declaracións:
Como te defines como xogador?
“Primeiro que nada un xogador de equipo que intenta axudar aos seus compañeiros e dar o máximo no campo. En termos individuais, son un xogador que destaca por encarar na banda e pelexar no partido”.
Como te sentes pola túa fichaxe polo Pescados Rubén Burela?
“Estou moi ilusionado. Fixen unha boa tempada, pero colleume por sorpresa. Creo que podemos facer cousas moi bonitas, estou moi ilusionado por empezar”.
Que crees que podes aportar ao equipo?
“Compañeirismo. Axudar aos compañeiros, e en termos de partido descaro pola banda, alegría na pista e intensidade defensiva e ofensiva”.
Que obxectivos te marcas no clube?
Obxectivo individual, “facelo o mellor posible e adaptarme o máis rápido que poida”. En canto a termos de equipo: “gañar a confianza do adestrador e do público”.
Como ves ao equipo para afrontar a tempada seguinte en segunda división?
“Falando con máis xente da plantilla vexo que estamos ilusionados. Imos intentar despois dunha tempada complicada darlles as máximas alegrías á afección e facelo todo o mellor posible, pouco a pouco, marcando obxectivos. É pronto para poñerse límites ou obxectivos ambiciosos. A afección pode estar tranquila porque imos dalo todo para facelo o mellor posible”.





















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.


