Competirán 233 nadadores de 27 clubs de toda Galicia
Cervo, 6 de xullo de 2022. O Concello de Cervo acollerá esta fin de semana o Campionato Galego Infantil de Natación que se celebrará na Piscina Municipal Olímpica de Lieiro.
Na presentación da proba participaron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de deportes, David Rodríguez, o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, as edís de Deportes e Cultura do Concello de Xove, Cristina Iglesias e Dolores Meitín, respectivamente, e o presidente do Club Natación Xove, Alberto Pigueiras.
No campionato, que organizan o CN Xove e a Federación Galega de Natación, coa colaboración do Concello de Cervo, están inscritos 233 nadadores, pertencentes a 27 clubs galegos.
O alcalde, Alfonso Villares, recordou que é a segunda proba desta magnitude que acolle a piscina municipal en menos dun mes -logo do Galego Alevín que tivo lugar en xuño- “grazas ás privilexiadas instalacións que temos no Concello e á estreita colaboración que mantemos co CN Xove, que atraen este tipo de campionatos cun gran impacto para a nosa zona xa que se estima que se despracen a Cervo, de novo esta fin de semana, unhas mil persoas, entre entre nadadores, público, adestradores e delegados; “polo que temos que destacar tamén o impacto económico que supón acoller este tipo de competicións en Cervo”.
O edil de Deportes, David Rodríguez, puxo en valor pola súa banda as privilexiadas instalacións das que dispoñemos no Concello “cunha piscina municipal olímpica, de 50 metros e 8 pistas, única destas características en toda a provincia de Lugo, e das poucas que hai en Galicia -nestes intres só permanece operativa a de Ourense- o que a convirte no mellor dos escenarios para acoller un evento deportivo desta categoría”.
En palabras do presidente da FEGAN “convidamos á mocidade da Mariña a que se anime a practicar natación tendo en conta, ademais, as privilexiadas instalacións das que dispoñedes nesta zona, que son das mellores de Galicia; e existindo un Club da entidade do CN Xove que se desvive por contaxiar esa paixón por este deporte”.
Villares e Rodríguez remataron convidando a todo o mundo a acudir a Cervo nunha fin de semana na que “poderán gozar, de xeito gratuíto, dun evento deportivo que contará coas mellores promesas da natación galega, ao tempo que poderán coñecer os atractivos culturais, gastronómicos e paisaxísticos de todo o Concello”.
A competición terá lugar o sábado e o domingo, en sesión de mañá e tarde; ás 10:00 e ás 17:00 horas, respectivamente.






















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



