A concelleira de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, e o alcalde de Burela, Alfredo Llano, entregaron estes premios no concello
Burela, 4 de xullo de 2022. O Concello de Burela, a través da Concellería de Inmigración, Cooperación e Integración, vén de facer a entrega de premios dos concursos de Lemas e Debuxos e Pintura que se organizan con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial, e que xa van pola oitava edición.
O primeiro premio do concurso de lemas foi para María Oroza Oroza, polo lema “Nun mundo tan particular, ó diferente respetar”, conseguindo un lote valorado en 60 euros.
No caso do certame de debuxo e pintura, o gañador da terceira categoría para participantes de 18 anos en adiante foi José López Losada, indo o segundo premio para a Asociación Saúde Mental A Mariña, con lotes valorados en 50 euros e 30 euros respectivamente.
No acto de entrega de premios estiveron o alcalde de Burela, Alfredo Llano, e a edil de Inmigración, Cooperación e Integración, Noelia Mª Ben, que felicitaron aos premiados pola súa participación “nestes concursos que son necesarios para transmitir a través da expresión escrita ou gráfica a educación libre de discriminacións raciais, a igualdade de trato e a integración e inclusión de todas as persoas que vivimos aquí”, lembrando “a tremenda riqueza cultural que hai en Burela por contar con multitude de nacionalidades no municipio”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



