Ribadeo, 22 de xullo de 2022. O equipo de goberno está preocupado coa actitude da Consellería de Medio Rural no incumprimento co Concello de Ribadeo en materia de prevención e defensa contra os incendios forestais. O alcalde, Fernando Suárez, ven de enviarlle un escrito á Dirección Xeral de Defensa do Monte para que acometa canto antes as execucións subsidiarias pendentes daquelas faixas de xestión de biomasa que se atopan ao pé das casas.
O rexedor dixo: “estamos desgustados e preocupados coa actitude da Consellería de Medio Rural no seu compromiso incumprido con este Concello en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, no que ten que ver coa xestión da biomasa nas faixas de protección cerca das vivendas, tal e como asinamos no Convenio no ano 2018”.
Suárez Barcia subliñou que “este Concello tense caracterizado por ter unha política forestal moi activa no sentido de facer cumprir as leis galegas de incendios e de montes. Para iso xa no 2018 iniciamos unha serie de actuacións en solitario, sen axuda algunha da Xunta de Galicia por máis que lle pedimos formalmente a axuda que por lei nos tiñan que dar. Teño que lembrar que chegamos a ter que contratar os servizos dun helicóptero para elaborar ortofotos que puideran acreditar as leiras con especies pirófitas como eucalipto, pinos, acacias, etc. que non cumprían as distancias ás vivendas no caso de se producir un incendio. E chegamos a iniciar as actuacións de execución subsidiarias de aqueles propietarios, non moitos a verdade, que non houbo maneira de facerlles ver a necesidade de cumprir as normas para evitar desgrazas en caso de lume”.
O alcalde indicou que “fixemos moito e fixémolo sos. Finalmente a Xunta accedeu a asinar un convenio para facer ela as execucións subsidiarias. Pero a verdade é que o tempo vai pasando, vemos día a día que medio país está ardendo e a Xunta de Galicia non dá cumprido os seus compromisos asinados de levar a cabo esta serie de execucións subsidiarias pendentes e comprometidas. Tan só, e iso hai que dicilo, actuou hai tempo nunha parroquia que tivo moitos lumes como a de Ove e empezou escasamente a facer noutra, Covelas, pero xa vai logo para un ano que non volvemos saber dela”.
E engadiu: “eu ben sei que nestes días todos os medios están alí onde teñen que estar, están os lumes, pero isto debe ser un exemplo de que a política forestal hai que planificala con tempo, con previsión, con colaboración, e vexo que lamentablemente, aínda queda moito que mellorar. Agardemos que non sexa tarde porque logo xa vemos cales son as consecuencias”.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



