
Ribadeo, 12 de agosto de 2022. O salón de plenos acolleu a clausura e a entrega de diplomas ao alumnado do obradoiro de emprego para persoas mozas Territorio Vivo, promovido polos Concellos de Ribadeo e Barreiros. Ao acto asistiron os alcaldes de Ribadeo e Barreiros, Fernando Suárez e Ana Belén Ermida Igrexas, o concelleiro de desenvolvemento local, Pablo Vizoso, así como a xefa do servizo de orientación e promoción da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, Beatriz Corral.
O edil de Desenvolvemento local, Pablo Vizoso, dixo que “este obradoiro de emprego financiado polo Fondo Social Europeo e a Iniciativa de Emprego Xuvenil e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, naceu do compromiso e a aposta dos Concellos de Ribadeo e Barreiros pola promoción e o uso das novas tecnoloxías na xestión e difusión integral do patrimonio documental e natural que ámbolos dous Concellos posúen, formando durante un ano a dezaseis mozos e mozas menores de 30 anos nas especialidades de operacións de gravación e tratamento de datos e documentos e na de interpretación e educación ambiental”.
O concelleiro ribadense subliñou que “ao mesmo tempo que ían recibindo a formación necesaria, foron realizando tamén unha serie de importantes traballos cos que lograron alcanzarse os obxectivos fixados ao comezo deste obradoiro. Entre eses traballos cómpre subliñar que a especialidade de gravación de datos rematou a organización e descrición da documentación dos dous arquivos municipais, o que facilitará o acceso aos documentos aos funcionarios municipais e á cidadanía en xeral. Ademais, esta especialidade tamén levou a cabo a dixitalización dunha parte do fondo de prensa antiga da Biblioteca Municipal de Ribadeo e ao mesmo tempo no Concello impulsaron actividades de difusión e de promoción deste patrimonio documental realizando exposicións físicas e visitas guiadas ao arquivo que tiveron unha boa acollida por parte da veciñanza. En canto á especialidade de interpretación e educación ambiental, tamén realizou un excelente traballo deseñando e executando diferentes estratexias de promoción, apoio e sensibilización para a conservación da nosa contorna natural destacando o deseño e a execución dun horto escolar no CEIP Gregorio Sanz así como visitas guiadas interpretadas pola ría de Ribadeo e á praia de Altar, en Barreiros. Tamén crearon unha nova ruta circular que inclúe a fraga de Santo Estevo do Ermo, en Barreiros, coa colocación de paneis interpretativos e folletos dixitais da citada ruta”.
Vizoso engadiu que “o balance final deste obradoiro temos que dicir que é moi positivo por un dobre motivo. En primeiro lugar porque 14 dos 16 integrantes como alumnado van recibir un certificado de profesionalidade, que lles vai ser moi útil no futuro de cara a facilitar a súa incorporación ao mercado laboral, e por outro lado polo traballo que queda patente nos dous Concellos. Quero agradecer a todos, empezando polo alumnado e seguindo polas monitoras e tamén aos departamentos de Desenvolvemento Local, o esforzo e a dedicación durante este ano intenso de traballo”.
A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, dixo que “sen dúbida vendo como se desenvolveron estes meses o obradoiro foi aproveitado e serao no futuro por vós. Estes obradoiros, ademais da formación que supoñen e da posibilidade de abrir novas vías laborais, en moitos casos tamén serven para aprender a traballar en equipo e a desenvolver determinadas actividades e en determinadas situacións que doutro xeito aos que moitas e moitos de nós non teríamos acceso”.
E subliñou que “o obradoiro fixo un traballo moi bo, no só na forma de desenvolvelo senón tamén porque queda para o futuro e porque deixades pegada, que ao final é do que se trata: que os traballos que se fan queden para que a xente vexa e saiba valorar todo ese esforzo e as gañas que lle puxestes”.
E o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, sinalou que “o outro día un historiador dicíame expresamente que é unha marabilla consultar o arquivo do Concello dixitalmente e canta información oculta se estaba sacando polo que agora era un pracer vir ao arquivo de Ribadeo. Supoño que outros arquivos serán tan importantes como o de Ribadeo, pero igual non teñen o mesmo nivel de accesibilidade”.
O rexedor ribadense manifestou: “tamén quero destacar accións singulares que se foron facendo, nas que sei que botastes unha man: isto das Pedras da Memoria, que fixemos hai uns meses e no que contribuístes mirando polos padróns dos anos 30, 20 e 10, hai máis de cen anos nalgúns casos; e foron cousas realmente bonitas”.
























Foz será o protagonista do programa Voces de Lugo, de RadioVoz, que se emitirá en directo de 12 a 14 horas desde a cafetería Marexada para toda a provincia. Félix Jorquera charlará co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fará un balance do verán, analizará os proxectos para os vindeiros meses e tamén o momento polo que atravesa o deporte local.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



