O portavoz popular, Javier Castiñeira, lembra que as obras non incluíron o remate das beirarrúas nin a substitución da varanda, que no cumpre a normativa e pode ser perigosa
Foz, 26 de setembro de 2022. Unha e outra vez o alcalde de Foz, o socialista Fran Cajoto, dá mostras inequívocas da súa incapacidade para planificar, para xestionar a solución aos problemas dos veciños. O caso da rúa Limoeiros é un máis na cadea de despropósitos de xestión. Así o sinala o portavoz popular, Javier Castiñeira, que explica: “O arranxo da rúa Limoeiros é unha auténtica dor de cabeza para os veciños que viven nesta vía. O PP solicitou o arranxo desta rúa, a petición dos veciños, e o equipo de goberno decidiu executar as obras con cargo ao Plan Único; cos cambios que fixeron, agora os veciños non poden entrar nos garaxes”.
Castiñeira sinala: “Fixeron as obras tarde e quedaron sen rematar, como denunciamos no seu momento: non se amañaron as beirarrúas e quedou a varanda fóra da norma, incluso perigosa. Pero o peor é que, segundo os veciños, o goberno municipal decidiu que a rúa sexa dun só sentido de circulación e poñer aparcamentos en batería, o que leva a que a zona para a circulación de coches sexa moi estreita, o que, á súa vez, impide que se poida manobrar para entrar e saír dos garaxes”. Así as cousas, “a día de hoxe, se hai coches aparcados diante, non poden saír nin entrar dos garaxes”.
Os populares din que esta “é unha obra que non se dá rematado; a pesar de que é moi sinxela leva en obras todo o verán”. A maneira de executar os traballos, di Castiñeira, “denota falta de planificación das obras polo alcalde, que improvisa, fai o que lle apetece cando quere e así pasan estas cousas; gástanse os cartos e despois haberá que modificalas porque non podemos deixar aos veciños sen acceso aos garaxes”.
Os populares anuncian a presentación dunha iniciativa no pleno da corporación municipal “para intentar que o arranxo dos problemas nas obras en Limoeiros sexa inmediato”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



