Ribadeo, 28 de novembro de 2022. Acisa fai un balance positivo das Xornadas de Exaltación da Lura, que se desenvolveron do 25 ao 27 de novembro en vinte locais hostaleiros de Ribadeo, de Rinlo e de Covelas.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, comentou: “estamos contentos da acollida que tiveron as primeiras Xornadas de Exaltación da Lura por dous motivos. Primeiro pola implicación da hostalaría asociada, que deleitou a veciños, veciñas e visitantes coas súas propostas gastronómicas, e segundo porque puidemos ver un bo ambiente esta última fin de semana de novembro en Ribadeo”.
Cruzado Iglesias dixo que “algúns hostaleiros fixéronnos chegar esta mañá a súa satisfacción polo desenvolvemento desta cita gastronómica, na que algúns esgotaron a lura que recibiron de xeito gratuíto por parte de Acisa. E ese é o mellor indicador, o mellor termómetro, de cómo funcionaron estas Xornadas de Exaltación da Lura”.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo manifestou: “queremos agradecerlles aos hostaleiros a súa participación, á xente de Ribadeo e da contorna que se achegou aos locais participantes a saborear as preparacións realizadas, e á Área de Medio Rural e do Mar da Deputación de Lugo a súa colaboración, porque deste xeito puidemos organiza estas xornadas, que agardamos poder repetir en vindeiras edicións”.
Acisa repartiu de xeito gratuíto por primeira vez entre os locais participantes un total de 250 quilogramos de lura.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, sinalou que “a fin de semana completouse coa celebración do Black Friday en 35 comercios asociados do venres ao domingo. Houbo moita xente que aproveitou as ofertas e promocións realizadas por estes locais e tamén a campaña da Pancha do Concello de Ribadeo, coa que colaboramos desde Acisa, para realizar as súas compras de tempada ou incluso para adiantar algunhas compras de Nadal”.
Para Pérez Prada “o importante é que economía local se mova e qué mellor forma de facelo que combinando compras e gastronomía nunha fin de semana de tempada baixa, na que afortunadamente o bo tempo acompañou o venres e o sábado. Desde Acisa seguiremos a traballar polo noso comercio e pola nosa hostalería”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



