Burela, 22 de decembro de 2022. O Concello creará un parque en Vilar, nun espazo de 1.200 metros, que é da súa propiedade. Así o anunciou hoxe o alcalde, Alfredo Llano.
O rexedor contou que “aproveitando a visita pola zona de Vilar, onde se fixeron uns asfaltados integrais, hai un espazo que pertence ao Concello de Burela que queremos aproveitar para uso público, concretamente para facer alí un parque, un atractivo para que o visite a xente porque desde ese lugar as vistas que hai de Burela e do mar son espectaculares. É unha zona alta que se pode adecuar para que se poida subir tranquilamente, cunha boa pasarela e cunha serie de melloras como unhas escaleiras formadas por travesas da vía do tren, por exemplo. Tamén se fará unha plantación de árbores, que intentaremos que sexan castiñeiros, e tamén de flores e arbustos, para que adornen perfectamente esta zona”.
Llano explicou que “é un superficie aproximada de 1.200 metros cadrados e esta actuación suporá unha revalorización da zona de Vilar e vai animar a moita xente a subir alí, onde se van colocar varios bancos para que os que visiten este lugar poidan sentarse e apreciar unhas vistas extraordinarias do noso mar e do noso concello”.
O alcalde declarou que “continuando coa nosa vocación de mellora en moitos aspectos, queremos volver redefinir e asentar arte no parque de Rosalía de Castro, onde hai unha fonte que leva moito tempo parada. A esa zona queremos darlle unha nova imaxe que fortaleza a vistosidade do parque de Rosalía de Castro. Vai estar conformada por unha serie de elementos que representarán o que é Burela e vai ser realizado por artistas locais, que tamén farán unha nova obra no monte Castelo, onde había un cartel moi vistoso que levou por diante un coche. Entón vamos recuperalo con nova motivación artística e con outra información. Vai ser diferente ao que había, pero moi mellorado.
Polo tanto estes artistas locais van traballar na fonte do parque Rosalía de Castro máis no panel que había no monte Castelo e que foi destruído hai uns meses”.
Alfredo Llano engadiu: “tamén se vai instalar unha nova canalización de auga potable á fonte do parque Rosalía de Castro para que poida ser usada porque alí van moitos rapaces e queremos dar ese servizo mellorado”.
O rexedor considera que “todas estas actuacións, que se van facer en breve, daranlle un empuxe máis ao atractivo do noso concello e servirán para que as usen, as aproveiten e as disfruten todos os veciños, que ademais poderán presumir do que temos aquí, en Burela. Creo que vai ser un bo regalo de Reis para o ano que vén”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



