Burela, 10 de xaneiro, 2023. Desde a Plataforma Sanitaria da Mariña fan esta convocatoria para, en primeiro lugar, presentar públicamente a manifestación que o día 19 de xaneiro percorrerá a localidade de Burela desde a súa saída da entrada principal do Hospital da Mariña, ás 20 horas, baixo o lema “contra o desmantelamento da sanidade pública”.
Nesta comarca temos moitos motivos para sair á rúa:
A Mariña ten que mobilizarse masivamente porque seguimos a reclamar a recuperación da área sanitaria que o PP e o goberno da Xunta eliminaron, en contra dun clamor popular que esixía o mantemento de dita área, así como tamén en contra do resto de forzas política do Parlamento e sen consensuarse tampouco cos axentes sociais. É dicir, unha medida tomada de xeito unilateral e sen contar coas maiorías sociais, que nos opuxemos frontalmente liderando a loita social que naqueles momentos se desenvolveu no país. Esta decisión trouxo consigo a centralización da maior parte dos servizos na macroárea da capital, alonxando a asistencia sanitaria das persoas. As declaracións verquidas polos líderes e lideresas do PP mariñao, afirmando que a supresión da área “non ía ser percibida pola xente, que non o notariamos” ou que esto traería “máis e mellores servizos” ao tempo que nos acusaban de alarmistas e mentireir@s resultaron ser outra campaña máis de propaganda e publicidade enganosa pola proximidade de procesos electorais. Actualmente, cinco anos despois deste espolio, a nosa sanidade pública é mais precaria, máis alonxada das persoas, e está proxima ao seu total desmantelamento.
Se falamos da atención hospitalaria as eivas son importantes:
Temos listas de espera de ate dous ou tres anos para consultas como cardioloxía, traumatoloxía, uroloxía , reumatoloxía… ou para facer unha ecografía.
Derivacións cara a Lugo para probas como radiografías panorámicas dentais, densitometrías, electromiografías ou intervencións coma marcapasos ou varices.
Carecemos de servizos básicos como unha consulta de cirurxía vascular que evite os desprazamentos a Lugo para facer probas sinxelas como un doppler ou o seguimento de certas patoloxías; tamén carecemos de terapia ocupacional ou de fisioterapia respiratoria infantil.
En Saúde Mental, e como consecuencia directa de carecer de Área Sanitaria propia, debemos non dispoñemos de Unidade de Prevención de Suicidios nin de o Hospital de Día Infantoxuvenil, unidades recentemente creadas en Lugo e que , en palabras do Conselleiro de Sanidade habería en todas as áreas sanitarias, pero nós xa non somos. Tampouco dispoñemos de todas as áreas sanitarias, tendo que ser trasladad@s a Lugo todas as persoas que teñen calquera brote de agudización da súa enfermidade mental ou que debutan cunha enfermidade mental de xeito agudo.
A logopedia sigue a estar en mans privadas.
A atención primaria sufre tamén numerosos déficits e atópase nunha situación caótica:
Porque temos de agarda de ata QUINCE días para poder acceder a unha consulta, tendo en conta que os procesos susceptibles de atención no nivel básico de saúde deberían ter resposta como moi tarde en 48 horas.
Porque sigue sen substituirse o persoal ausente por permisos, vacacións ou baixas chegando asitucións insostibles para os centros , con máis do 50% d@s médicos de familia sen cobertura, centros cun só facultativo dun total de dez (é dicir prácticamente en peche funcional), e mesmo centros sen ningún/ha facultativa.
Porque levamos dous anos sen persoal médico nin de enfermería para a atención das persoas desprazadas, nos meses de maior presión poboacional, sobrecargando aínda máis a un persoal xa exhausto.
Porque o persoal médico leva moito tempo atendendo a un número de persoas moi superior ás recomendacións ( chegose ata 83 persoas en quenda de mañá), incrementándose o risco de cometer erros e imposibilitando unha atención de calidade.
Porque non temos pediatras nos nosos centros de saúde cando faltan @s titulares, derivándose a atención pediátrica ao servizo de urxencias do hospital (sobrecargando innecesariamente o seguinte nivel asistencial) ou obrigando ás familias a acudir a consultas privadas, se teñen medios , creando polo tanto desigualdades.
PORQUE A PRIVATIZACIÓN DOS SERVIZOS SANITARIOS NON É UNHA OPCIÓN, ESIXIMOS UNHA SANIDADE PÚBLICA GRATUÍTA, EQUITATIVA, UNIVERSAL, DE CALIDADE E DE PROXIMIDADE
É por isto que facemos un chamamento ao persoal sanitario, á industria, aos sectores produtivos, ao comercio e hostelería, aos alcaldes, alcaldesas e corporacións municipais, ao tecido asociativo e , ao fin a toda a sociedade mariñá para que acuda o vindeiro día 19 de xaneiro ás 20 horas á manifestación que sairá do Hospital da Mariña e percorrerá as rúas de Burela para rematar na Praza do Concello.
Xa no pasado a loita multitudinaria e continuada logrou que o hospital fora ampliado, aínda que nós pediamos tamén servizos e logrou que próximamente nos coloquen unha resonancia fixa (reclamación histórica deste colectivo), que non estaba nos seus plans e que se vai facer grazas a fondos europeos que teñen que invertirse e estar en funcionamento neste ano.
En segundo lugar queremos avanzar que a recollida de sinaturas en apoio da ILP de medidas urxentes para e fortalecer a atención primaria está a ser un éxito tanto no país como na Mariña. Seguiremos recollendo ata despois da manifestacióna para xa entregalas no Parlamento sobre finais de xaneiro ou principio de febreiro. Queremos adiantar que só na Mariña lévanse recollidas preto de catro mil, polo que podemos dicir que a recollida en todo o país supera ampliamente o mínimo necesario.Desde este colectivo queremos agradecer á veciñanza da Mariña a boa disposición que tivo, tanto para asinar, como para acudir a todas as concentracións que levamos convocado por este motivo desde o verán.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



