Burela, 12 de xaneiro 2023. O alcalde, Alfredo Llano, anunciou hoxe que non se presentará á reelección nas municipais de maio. Volverá ao ensino, onde rematará a súa vida profesional antes de xubilarse. O rexedor considera que tras 12 anos no cargo e outros catro como concelleiro e deputado provincial chegou o momento de pechar esta etapa.
Alfredo Llano dixo: “non me vou a presentar á reelección nas eleccións municipais de maio. Eu teño un compromiso persoal porque me falta un curso para ter 35 anos traballados no ensino, período de tempo que debemos ter para poder optar á xubilación. Para min o ensino foi e é moi importante, polo que é para min unha honra a nivel persoal rematar a vida profesional no instituto. Así que non vou presentarme ás eleccións porque quero rematar a miña andadura profesional completando eses 35 anos de traballo no ensino. Polo tanto incorporareime ao instituto no mes de setembro para facer un curso e un pouquiño máis do seguinte. Para min é un pracer e unha honra ir ao instituto de novo para rematar a miña vida laboral porque foi moi importante o ensino para min”.
O alcalde burelés comentou que “xa levo 16 anos no Concello, dunha maneira ou doutra: practicamente 12 de alcalde e 4 máis que estiven como deputado e concelleiro tamén. Entón penso que xa é unha boa etapa, na que tratei de cumprir, de facelo o mellor posible; procurei sempre achegarme á xente, que tivo unha confianza máxima. O Concello foi unha institución moi próxima, estivo aberto para todo o mundo e procuramos facer todo o que estaba nas nosas mans. Este mandato tivemos un problema gordísimo coa pandemia de covid, que condicionou dunha maneira extraordinaria todo, aínda que penso que soubemos resolvelo moi ben, grazas ao traballo conxunto e compartido de moita xente, pero afectou unha barbaridade en moitos aspectos. Agora teño ese compromiso persoal e vou cumprilo”.
Balance de obras
Alfredo Llano aproveitou a xornada de hoxe para facer balance dalgúns dos traballos realizados: “fixemos moita obra nos últimos tempos, tanto en edificios como en rúas, parques e prazas. Melloráronse moitas zonas, como por exemplo a do Hórreo, que está enfronte ao porto, ou a de Vila do Medio, na rúa da Capela, onde a actuación que se fixo deulle unha singularidade e unha importancia a esta zona, que quedou moito máis bonita e máis practica, porque ademais do adoquinado fixéronse obras de canalizacións. Todo isto no seu conxunto beneficia moito a eses barrios e creo que os veciños están contentos porque eses barrios gañaron en singularidade e importancia, e teñen máis interese para vivir neles”.
O alcalde burelés contou que “hai outras melloras que rematamos agora, como a da rúa Rosalía de Castro, nunha segunda fase que xa chegou ata o parque e deulle unha gran amplitude a esta rúa, que quedou moi diferente a como estaba: moito máis atractiva, práctica, segura e humana, porque está máis pensada para o peón. Humanizar as rúas é un dos nosos obxectivos porque está en consonancia co medio ambiente. Queremos que Burela sexa vistosa e práctica, pero ao mesmo tempo gañar en saúde, utilizando menos o coche e favorecendo máis que as persoas anden”.
Llano García engadiu que “imos facer tamén moi preto da rúa Rosalía de Castro, na Lamestra, que está situada mesmo enfronte do parque, unha nova actuación, que suporá unha mellora para o parque. Vamos adoquinar un tramo duns 180 metros desa rúa, o que lle vai dar unha singularidade e unha importancia grande a esa zona e ao mesmo tempo gáñase en seguridade e espazo para o parque. Espero que quede ben esta obra, que lle dea grandeza ao pobo e que estimule e motive á xente para estar a gusto aquí e poida establecer o seu proxecto de vida en Burela, que é o queremos. E vamos continuar ata xuño traballando, impulsando e mellorando o atractivo e seguridade do pobo para que a xente se sinta a gusto e que sexa un sitio moderno e adecuado aos novos tempos”.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



