José Tomé Roca, acompañado polo Alcalde do municipio, Carlos López, felicitou aos 350 participantes por completar esta proba coa que colabora a Deputación dado que, “se xa era dura de por si, fíxose máis difícil polas condicións meteorolóxicas”
Lugo, 28 de xaneiro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este sábado xunto ao Alcalde da Fonsagrada, Carlos López, na entrega de premios do primeiro Trail Terras de Burón, que acolleu o municipio fonsagradino co apoio da Deputación de Lugo ao longo de toda a mañá.
Tomé Roca felicitou aos participantes por realizar esta proba, “que, se xa era dura de por si polo percorrido, se fixo máis difícil polas condicións meteorolóxicas”, afirmou. Participaron 350 persoas chegadas de diferentes puntos de Galicia e de España nesta proba que organiza o Club de Montaña Terras de Burón, recentemente creado.
O Presidente subliñou que “a Deputación de Lugo é o Concello dos concellos e, como tal, temos o compromiso de colaborar cos 67 municipios da provincia, sobre todo cos máis pequenos, para sacar adiante todo tipo de iniciativas que favorezan o seu progreso social e económico. Este é o obxectivo que nos motivou a apoiar o Trail da Fonsagrada coa súa promoción e proxección. Nese sentido, quero recoñecer o papel do Alcalde e do seu Goberno por contribuír a que este tipo de eventos se celebren no concello, e por facelo da man do tecido asociativo do municipio. É fundamental o que están facendo na Fonsagrada para que sexa un lugar vivo, dinámico e con iniciativas pensadas para todas as idades”, subliñou.
Ademais, o mandatario provincial resaltou o carácter turístico do Trail, que lle permitiu aos participantes descubrir, ao tempo que facían deporte, fermosas paraxes da Montaña lucense e gozar da “fabulosa gastronomía que ten esta zona da provincia de Lugo”.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.


