Pon de manifesto a súa produción ensaística, así como a que foi quen de estimular desde o eido editorial e co seu papel en distintas asociacións e agrupacións a prol da lingua e as súas expresións
Lourenzá, 7 de xaneiro de 2023. O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, participou hoxe en Lourenzá no acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este ano a Francisco Fernández del Riego, coincidindo co 110º aniversario do seu nacemento. No acto salientou a oportunidade desta efeméride para dar maior visibilidade ao “gran legado histórico e intelectual” que deixou na lingua e literatura galegas así como nas principais institucións culturais de Galicia “un dos arquitectos académicos máis importantes da nosa historia literaria”.
O titular de Cultura da Xunta, que estivo acompañado polo director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, puxo de manifesto a propia produción de Fernández del Riego, como un dos máis prolíficos ensaístas do século XX e XXI, así como a que foi quen de estimular. “Os seus estudos permitiron afondar na visión historiográfica e material que existía sobre as distintas manifestacións da lingua e literaturas galegas a través do tempo e tamén enriquecer o uso da lingua”, expresou.
Tamén salientou o seu papel dinamizador da vida literaria, cultural e intelectual de Galicia, primeiro como fundador de Editorial Galaxia, e, xunto a Ramón Piñeiro, de Grial, a publicación que sería referencia da literatura en galego e das reflexións sobre Galicia, ao tempo que recordou o seu papel en numerosas asociacións e agrupacións a prol da lingua e das súas expresións, desde o Seminario de Estudos Galegos (que este ano celebra tamén o seu centenario) ata a Real Academia Galega ou a Fundación Penzol, que celebra o seu 60 aniversario e foi fundada por el e na que depositou o seu legado.
Actividades de homenaxe todo o ano
Román Rodríguez considerou “de auténtica xustiza” dedicar este ano a Fernández del Riego tendo en conta, ademais, que un “dos maiores legados que deixou foi a creación do Día das Letras Galegas como unha xornada que permitise atesourar e recoñecer a todos os que contribuíron a enriquecer a nosa lingua e ampliar o noso horizonte intelectual”.
Neste sentido, avanzou que a Xunta traballa xunto a outras institucións e entidades culturais galegas nunha programación “dinámica e ampla” para homenaxear ao escritor laurentino e poñer en valor o seu amplo patrimonio documental e intelectual. Ademais de ofrecer unha maior visibilidade á súa pegada histórica na literatura galega e nas principais institucións culturais de Galicia, o propósito é “exhibir a importancia e vixencia que teñen os traballos e obras de Del Riego para todos os galegos”.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



