Vitoria ante Gran Canaria FS e empate ante o Poio Pescamar FS na “Tarde Laranxa” de hoxe en Vista Alegre, acompañada dunha riquísima chocolatada
Burela, 15 de xaneiro, 2022. A “Tarde Laranxa” desta tarde en Vista Alegre foi o festival de fútbol sala que se esperaba, con case 700 espectadores de 16.30 a 21.00 da tarde, animando ao Pescados Rubén Burela FS masculino, ás 16.30 contra o Gran Canaria FS, e feminino ás 19.00 horas contra o Poio Pescamar FS.
Os “pícaros” abriron a tarde cun encontro no que se mostraron moi superiores ao equipo canario e leváronse os 3 puntos cun 6-3 final con bastante comodidade, a pesar da insistente presión exercida co porteiro-xogador do equipo de Suso Méndez. No minuto 3, David Pazos abre o marcador cun gol que anima ao seu equipo, que domina claramente todo o primeiro tempo. Despois dos primeiros cambios, Pitero anota o segundo gol no minuto 9 e o 3-0 chega cun gol de Nando no 10. No minuto 14 J. Chávez anota o 3-1 pero o equipo laranxa segue medrado e no 17 Antón Arnejo mete un golazo que pon o 4-1 co que chegará o descanso, a pesar do xogo a 5 do equipo canario que comeza xa antes da segunda parte. No minuto 3 da segunda parte Isma suma o 5-1 provocando que Suso Méndez recorra durante case todo o segundo tempo ao porteiro-xogador, conseguindo dous tantos, un de Jon no minuto 28 e outro de Daniel Mesa no 34, e co marcador 5-3, no minuto 36 Pazos pon o broche final co 6-3 co que remata o encontro. É o 13º encontro consecutivo sen coñecer a derrota do equipo de David Rial, que espera sumar o 14 a fin de semana que ven contral o Parrulo, co que van empatados a 31 puntos, ocupando o 2º e 3º posto na clasificación. O partido foi locutado no streaming, ademáis do habitual Miguel Albo, pola compañeira dos xogadores laranxas, capitana do equipo femenino e tamén xogadora da Selección Española, Peque, que desgraciadamente non puido disputar o encontro celebrado posteriormente contra o Poio.
Despois de desfrutar da vitoria do equipo masculino e unha boísima chocolatada no pavillón onde o Pescados Rubén xoga cada sábado en Burela, as “guerreiras” de Julio Delgado xogaron o derbi máis esperado da Primeira División de Fustal Feminino e que deu a talla esta tarde en Vista Alegre. Contra un Poio Pescamar FS que está demostrando moito esta tempada, o equipo laranxa xogou unha primeira parte na que lles custou encontrar o ritmo, a pesar do 1-0 de Cilene no minuto 3, non se mostraron cómodas, chegando ao descanso 1-2 no marcador despois dun gol de Elena Aragón no minuto 10 e outro de Luci no 18. Na segunda parte o Burela FS mostra máis continuidade, con máis ocasións de gol, catro de Emilly nos minutos 25, 29, 33 e 39 a portería vacía aproveitando as debilidades do xogo de cinco. Outra ocasión de Antía no 31 e unha clarísima de Cilene a 30 segundos de rematar o encontro. Moitas destas oportunidades vense frustradas por unha moi notable porteira do equipo pontevedrés. Ambos equipos recorren ao 5 para 4, algo ao que as nosas xogadoras non están moi habituadas, pero que resolveu ben a situación do partido véndose 1-3 no marcador e remontando 3-3 cun gol de Jenny no minuto 35 e outro de Dany no 36.
Agora ambos equipos se concentran xa no fin de semana que ven, que de novo xogan na casa e esperan que a súa Familia Laranxa acuda ao pavillón a animalxs de novo, o vernes contra o Parrulo de Ferrol por un lado, co que esta vez o equipo masculino se xoga o 2º posto da clasificación, e o sábado o feminino contra o Rayo Majadahonda que ven de ganar ao Marín na súa casa 1-3.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Gran Canaria FS:
Pescados Rubén Burela FS: M. Kaluza (P), Lucho, Pitero, Rikelme, David Pazos, – cinco inicial- Bruno Expósito, Isma, Nando, Alberto, Antón Arnejo, Eloy de Pablos, Bruno (P).
Gran Canaria FS: Asensio (P), Aithor, Orellana, Rober, J. Chávez – cinco inicial- C. Padilla, Ricky, Jon, Juanillo, Alex Resta, Martos, Cristian, Daniel Mesa, Abimael, Álvaro, Barranquero (P) y Mariano (P)
Goles: Min.3 David Pazos 1-0; Min.9 Pitero 2-0; Min.10 Nando 3-0; Min.14 J. Chávez 3-1; Min.17 Antón Arnejo 4-1; Min.23 Isma 5-1; Min.28 Jon 5-2; Min.34 Daniel Mesa 5-3; Min.36 David Pazos 6-3.
Equipo Arbitral: Cristian Cubero García, Luis Manuel Manso Martín, Daniel López López y Eva López Seijas.
Ficha Técnica Pescados Rubén Burela FS – Poio Pescamar FS:
Pescados Rubén Burela FS: Jozi (P), Cilene, Antía, Patricia, Emilly – cinco inicial- Dany, Claudia, Jenny, Dasha, Irene Samper, Masha, Sonya, Evelina (P)
Poio Pescamar FS: Sandra Buzón (P), Martita, Dani Sousa, Marta, Luci – cinco inicial- Laura Uña, Dupuy, Anna, Elena Aragón, Agostina, Irene, Rocío Gómez, Elena (P).
Goles: Min.3 Cilene 1-0; Min.10 Elena Aragón 1-1; Min.18 Luci 1-2; Min.26 Irene 1-3; Min.35 Jenny 2-3; Min.36 Dany 3-3.
Equipo Arbitral: Gael García Schmid, Daniel López López, Yago Seijas Piñeiro, María López López.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



