Mondoñedo, 15 de febreiro de 2023. A Voceira socialista de Mondoñedo, Esperanza González urxiu ao PP rematar coas obras da Praza da Catedral de Mondoñedo. “É inconcibible que en pleno s.XXI o goberno do PP non sexa capaz de rematar unhas obras de acceso na praza máis importante da cidade, e que levan paralizadas fai máis dun ano. Alguén ten que poñerlle un pouco de sentido e de cabeza a toda esta desfeita”.
Esperanza Gonzalez demandou a través dun rogo, na pasada sesión plenaria, rematar estas obras ou atoparlles unha solución, dialogando con tódalas partes implicadas e afectadas. Nesa liña lembrou que o Grupo Socialista de Mondoñedo interpelou ao Goberno Municipal en diversas ocasións sobre o proceso en que se atopa o proxecto e as obras da praza da Catedral.
Así as cousas, o Concello de Mondoñedo xa informou no seu día que renunciou a subvención concedida polo Ministerio de Fomento relativas ao 1,5% cultural, e que supoñían unha achega económica para as arcas municipais de arredor de 180.000 euros. Unha obra que comezou en decembro do 2021, e nas que se inclúen 6 modificacións de proxecto, e a día de hoxe seguen se rematar. Ademais o Goberno do PP avanzou que agora esta obra vai ter un sobrecuste importante, pola suba dos materiais.
“A única realidade é que a obra segue sen rematar e polo que comprobamos sen visos de solucións a curto prazo. Parece que ninguén no PP ten gañas nin proxecto para rematala, solo boas palabras. Este recuncho da praza da Concello xa parece un galiñeiro, tal e como denuncia a propia veciñanza de Mondoñedo, que insistentemente denuncian que este espazo presenta un estado de abandono”, lamentou a voceira socialista.
Nesta mesma sesión plenaria tamén demandamos o arranxo dos baches da Avenida Buenos Aires, “que se fixeron este luns”. E tamén emprazamos ao Concello para instar á Xunta, que é a propietaria dun inmoble no Barrio dos Muíños (nº26), “que a día de hoxe segue sen adxudicarse un dos pisos existentes, xa que o precio para acceder a este alugueiro é moi elevado e os adxudicatarios teñen que renunciar a el. Dende que remataron as obras deste edificio a finais do 2020, un dos pisos segue sen ocuparse”, lembran os socialistas.
A Agrupación Socialista de Mondoñedo tamén propuxo ao concello de Mondoñedo, en colaboración co de Lourenzá, organizar unha xornada ou acto conxunto para resaltar a vinculación do homenaxeado no Día das Letras Galegas, Francisco Fernández del Riego con Cunqueiro e Mondoñedo.
Dimisión de Elena Candia
Por último, na Comisión de Asuntos do Pleno, o Grupo Socialista preguntou pola dimisión da concelleira Elena Candia, xa que anunciará aos medios de comunicación que ía presentar a súa renuncia como concelleira no mes de xaneiro. Nesta reunión os servicios xurídicos do concello informáronnos que non se rexistrou ningunha dimisión no Concello.
Dende finais de xullo do 2022, data na que autoproclamou candidata á Alcaldía de Lugo polo PP, Elena Candia segue tendo acta de concelleira en Mondoñedo e leva faltado a máis de 20 reunións oficiais, nas que inclúen plenos, xuntas de goberno e comisión informativas relacionadas co funcionamento ordinario do Concello. “Por iso preguntámonos, de toda a candidatura que presentou o PP de Mondoñedo nas pasadas eleccións municipais, xa marcharon todos para Lugo?, non queda ninguén na lista que sexa capaz de cumprir coas súas obrigas e responsabilidades como representante da corporación?”.






















Actuarán Carlos Ares, Celia Becks, Futuro Alcalde e Alcalá Norte, e o sábado será a quenda de La M.O.D.A., Ángel Stanich, Puño Dragón e Repion. López destacou o impacto económico do festival, cun retorno estimado dun millón de euros, mentres que Rouco subliñou a súa importancia turística e a achega municipal de 120.000 €.
O evento celebrarase este sábado 25, de abril, na capital lucense. Durante a xornada matinal, o alumnado asistirá a clases impartidas por profesionais de distintas disciplinas, tanto do ámbito da danza clásica como da moderna. Pola tarde, ás 19:30 horas, o grupo da EMMeD subirá ao escenario do Auditorio Gustavo Freire xunto aos demais centros convidados, nunha actuación que servirá como peche desta xornada de convivencia e intercambio artístico.
Un home perdeu a vida este xoves tras sufrir un accidente cunha res no lugar de Carelle Grande, na parroquia do Burgo (Muras). O suceso tivo lugar sobre as 19 horas, cando un familiar deu a voz de alarma ao 112 Galicia e explicou que o implicado fora aplastado polo animal. De inmediato, activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazaron ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago, e a Garda Civil. Unha vez alí, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento do home.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.



