Destaca que coa histórica manifestación en defensa da sanidade pública do 12F, a cidadanía demostrou que o cambio en Galiza é xa imparable
Santiago de Compostela, 22 febreiro 2023.- A portavoz nacional, Ana Pontón, reprochou ao presidente da Xunta o empeño do Goberno do PP en negar os recortes na sanidade pública, recortes contra os que se mobilizou a cidadanía nunha manifestación histórica cando o pasado 12 de febreiro saíu a rúa para defender o seu dereito a saúde.
“A Praza do Obradoiro quedou pequena para acoller aos miles de galegos e galegas en defensa da sanidade pública e cando a cidadanía se pon en marcha na defensa dos seus dereitos é imparable, por iso, dígolle algo que seguramente vostede tamén sabe señor Rueda: que o pasado 12F demostrouse que o cambio en Galiza é imparable”, indicou a líder do BNG, “imparable porque os galegos e as galegas están fartas dun Goberno convertido nun perigo para a súa saúde tras catorce anos de recortes, recortes e recortes”.
En concreto, Pontón citou o recorte de 2.339 millóns de euros en atención primaria, que enumerou, anualidade por anualidade.
“Sabe por que hai listas de espera para ter cita co médico ou médica de cabeceira, sabe porque hai 194 concellos sen pediatra, sabe porque hai máis de 60 consultorios pechados, sabe porque hai PACs sen persoal médico? Hai un razón. E esa razón chámase 2.339 millóns de euros menos en atención primaria”, argumentou, recortes na sanidade pública para favorecer o negocio da privada.
“Un burato negro de 2.339 M€ en atención primaria é a aínda teñen o descaro de negar os recortes”, criticou, recursos que terían sido esenciais para evitar a situación de colapso do que sempre foi o corazón do sistema público de saúde.
“Sabe cantos médicos e médicas se poderían ter contratado cada ano con eses cartos señor Rueda, cantos pediatras, canto persoal de enfermería? Pero o que temos é un persoal sanitario maltratado e esgotado, PACs sen médicos nin médicas e miles de nenos e de nenas sen pediatra asignado?”, interpelou.
Fronte a un PP “convertido nun problema e que ten demostrado ao longo de catorce anos de recortes que nun vai se parte da solución”, o BNG ten un modelo alternativa de atención primaria, un modelo baseado en tres grandes piares: suficiencia financeira, persoal suficiente e novos servizos sanitarios nos centros de saúde.
“Fala moito de que non hai médicos, pero o que non di é que o PP, deliberadamente, non planificou a formación do persoal sanitario aínda sabendo cantas xubilacións hai cada ano. Tampouco di que cando o PP gobernou en Madrid recortou o número de prazas MIR, nin que o 30% dos MIR de atención primaria renuncian á praza polas condicións de sobrecarga e de precariedade do sistema sanitario”, denunciou.
A líder do BNG instou a Rueda a “tomarse en serio” a saúde dos galegos e das galegas, “que lle están dicindo que non van permitir que siga xogando coa súa saúde. O PP é parte do problema e leva catorce anos de recortes na sanidade demostrando que non vai ser parte da solución”, concluíu.
























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



