O Presidente participou co Alcalde na entrega deste recoñecemento, outorgado a 13 mulleres e un home que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar mascarillas durante a crise sanitaria. “As persoas máis excepcionais e con máis talento son eses veciños e veciñas que viven preto de nós”, subliñou o Presidente
Lugo, 12 de febreiro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, participou este domingo xunto ao Alcalde, Carlos López López, na entrega do Butelo de Ouro, que este ano recoñece a 13 mulleres e un home veciños do municipio que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar mascarillas durante os primeiros meses da crise sanitaria, chegando a facer 5.000.
José Tomé Roca valorou a importancia deste galardón, que “poucas veces se outorgou con tanto merecemento como nesta ocasión” porque “ás veces esquécesenos que as persoas máis excepcionais e con máis talento son eses veciños e veciñas que viven preto de nós”, sinalou.
“Como demostrou a pandemia, a boa veciñanza implica sempre solidariedade, coidar os uns dos outros, acompañar e preocuparse. E iso foi o que fixeron estas 14 persoas, dun xeito exemplar”, resaltou o mandatario provincial.
“A iniciativa destas persoas, que voluntariamente ofreceron o seu traballo para elaborar mascarillas para os seus veciños e veciñas, é unha desas fermosas páxinas de convivencia e de boa veciñanza que nos deixaron aqueles tempos tan tristes”, explicou José Tomé, quen felicitou ao Alcalde e ao Concello da Fonsagrada polo traballo e esforzo realizado, e por ter un compromiso cos valores máis importantes da sociedade.
O Alcalde, pola súa parte, asegurou que se trata “dun mérito que tiña que ser recoñecido con este premio dos fonsagradinos, que agradece o traballo altruísta da veciñanza”. O Goberno local comprou o material para a elaboración desta protección necesaria aínda hoxe no ámbito sociosanitario.



























As persoas que non puideron obter a súa entrada durante o período de reserva anticipada poderán recoller as entradas restantes o propio día da función, mércores 5 de agosto, a partir das 20:00 horas, na taquilla do Teatro Pastor Díaz. A entrega realizarase ata completar a capacidade do recinto, cun máximo de catro entradas por persoa. O Concello de Viveiro agradece a excelente acollida que está a ter esta representación e lamenta as molestias que esta situación poida ocasionar.
Villares gabou o traballo do club Val de Francos, “que en tempo récord logrou situar esta cita entre as máis atractivas da provincia para os afeccionados á hípica”. Neste sentido, destacou a proxección que está a gañar este deporte e o impulso que recibe da Xunta, principalmente a través dun convenio coa Federación Hípica Galega polo que destina máis de 80.000 euros para as actividades a desenvolver este ano. A proba discorrerá por camiños forestais de terra, a excepción dos cruces de estradas, e constará de tres modalidades, con distancias de 80, 60 e 40 quilómetros respectivamente.
Arxentina de nacemento e viveirense de corazón, retomou en Galicia a súa vocación artística e atopou na escultura a súa forma de expresión. A súa obra céntrase en figuras humanas cargadas de emoción, en soidade ou en relación cos outros. A exposición reúne pezas seleccionadas e premiadas en certames de Madrid, Barcelona, Valdepeñas e Florencia nos últimos oito anos, que agora regresan —como a súa autora— á casa. Poderá visitarse ata o 29 de agosto.
A clasificación final quedou do seguinte xeito: en Sub-10, Los 5 FC proclamáronse campións, seguidos de Los Balones; en Sub-12, o primeiro posto foi para Aston Birra, seguido de Minavo de Kiev e The Blues Bananas; en Sub-15, o equipo Piti levou o título, seguido de PDC e Camoca; en Sub-17, PDC acadou o primeiro posto, por diante de Papa Cu Leti e Motototo; e na categoría Sénior, Motototo resultou gañador, seguido de Descansa e Texeira Lima. As medallas foron entregadas pola alcaldesa, Dolores García Caramés, acompañada polos concelleiros José Manuel Balseiro e Alfredo Fernández, que felicitaron a todos os participantes polo seu esforzo e deportividade.
Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
A clasificación final situou a Braulio Gayoso (TM Luarca) como gañador, seguido de Eugenio Alonso (CD San Ciprián), e dun terceiro posto compartido por Carlos Ron (Atletic Génova TM) e Domingo Larriety (TM Luarca). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e destacou o éxito dun torneo que xa se consolidou como unha cita imprescindible do calendario deportivo estival. O Concello felicita aos gañadores, a todos os participantes polo alto nivel amosado durante a xornada e ao CD San Ciprián pola excelente organización dun evento que continúa reforzando o seu papel como referente do tenis de mesa no norte peninsular.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.



