A Mariña, 17 de marzo de 2023. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora co Concello de Lourenzá e coa Mesa Coordinadora Don Paco no programa cultural que organizan polo Día das Letras Galegas, dedicado neste 2023 a Francisco Fernández del Riego.
A Mancomunidade adaptou para este programa cultural a audioguía ficcionada do concello laurentino Vilanova de Lourenzá. Paisaxes da memoria. Fernández del Riego descóbrenos os recunchos dunha nenez feliz, a cargo do Plan de Sostibilidade Turística da Mariña Lucense, cofinanciado pola Mancomunidade, a Xunta de Galicia e a Secretaría de Estado de Turismo coa colaboración da Deputación de Lugo.
Xa que a Real Academia Galega decidiu dedicarlle as Letras Galegas 2023 ao escritor e intelectual laurentino Francisco Fernández del Riego, o Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco -que ten coma obxectivo programar, canalizar e desenvolver diversas actividades ao longo deste ano- organizan un programa de visitas culturais co que a Mancomunidade de Concellos da Mariña Lucense colabora.
“Trátase de 6 visitas culturais diferentes, cunha duración temporal limitada de aproximadamente dúas horas en total, dedicadas a escolares, terceira idade, visitantes e outros diversos colectivos. Inclúe así a adaptación da audioguía existente reducindo o seu percorrido e tempo a 15 minutos, debido ás necesidades específicas da proposta. O programa de visitas, que é para facer de xeito completo, estará vixente ao longo deste ano 2023. Para facelo é necesario inscribirse no seguinte correo electrónico ou teléfono: lourenzaturismo@outlook.es ou no 646 384 124”, explican desde a Mancomunidade.
Igualmente, e para quen así o desexe, seguirá estando dispoñible a audioguía orixinal de maior percorrido e de cerca de 40 minutos de duración tanto na web de amarinalucense.gal coma a través dos auriculares illantes que se atopan para os visitantes na oficina de turismo de Lourenzá.
O presidente da Mancomunidade de Concellos da Mariña, Fran Cajoto, explica: “que o Día das Letras Galegas, unha celebración que favorece a Real Academia Galega para homenaxear a un autor ou unha autora pola súa labor de defensa e promoción do noso idioma e a nosa cultura, estea dedicado a un escritor da nosa comarca supón que, Lourenzá en particular e A Mariña Lucense en xeral, poidamos visibilizar coma se merece a figura de Francisco Fernández del Riego. Contando ademais cunha audioguía dedicada á súa persoa é unha oportunidade para que a xente descubra este interesante recurso, e con el tamén o resto de audioguías existentes coma a de Alfoz, Cervo, Foz, Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro”.
Cajoto Caserío subliñou que “ademais da Mesa Coordinadora Don Paco, a Xunta traballa xunto a outras institucións e entidades culturais galegas nunha programación amplía ao longo do ano para homenaxear ao escritor. O público galego é un dos públicos aos que nos diriximos pola facilidade para realizar escapadas culturais, de natureza e gastronómicas de fin de semana e fóra de tempada. A Mariña Lucense e o seu patrimonio cultural é unha comarca por descubrir, incluso para os propios galegos”.
Ao abeiro do Plan de Sostibilidade Turística, a Mancomunidade estivo traballando tamén na revisión das audioguías existentes e na tradución das que faltaban: Alfoz e Lourenzá ao inglés e ao francés e as de Cervo e Foz ao español, inglés e francés, versións que proximamente estarán dispoñibles tanto na web da Mancomunidade coma nos auriculares illantes dispoñibles nas distintas oficinas de turismo.






















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.



