Estas actuacións faranse nas vindeiras semanas na estrada provincial LU-P-5501 cun orzamento de 41.859,16€, entre os puntos quilométricos 1,6 e 8, co fin de aumentar a seguridade vial
Lugo, 5 de abril de 2023. A Deputación de Lugo vén de aprobar a adxudicación á empresa Grupo Bascuas 2008 SL o proxecto de mellora da estrada provincial LU-P-5501, que une As Rodrigas con Marco de Álvare, ao seu paso por Riotorto.
Os traballos consistirán na apertura das cunetas e no aglomerado en quente onde a vía presenta desperfectos, ademais de renovar a sinalización co fin de aumentar a seguridade vial. As actuacións desenvolveranse no treito comprendido entre os puntos quilométricos 1,6 e 8, e o prazo de execución destas actuacións é dun mes.
Estas obras complementan outro proxecto que a Deputación ten en marcha para mellorar a visibilidade de dúas curvas na estrada provincial nesta mesma vía á altura da Granxa, na parroquia de Ferreiravella. Unha actuación que ten os traballos adxudicados por un importe de preto de 48.000€. Esta estrada presenta unha visibilidade reducida en dous tramos de curvas, onde se atopan situados dous accesos á altura dos puntos quilométricos 4,9 e 5,7. O proxecto inclúe o movemento de terras para o desmonte nestes dous puntos, a pavimentación da calzada con zahorra artificial e o balizamento no punto quilométrico 5 coa colocación dunha bionda.



















Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
No acto, organizado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e a área de Cultura do Concello, entregouse o Premio do Público ao filme Antes de Nós, de Ángeles Huerta, a obra máis votada pola cidadanía. A deputada de Cultura Iria Castro destacou que este encontro serve como adianto da gala e subliñou o orgullo de converter Lugo no epicentro do audiovisual galego durante estas semanas cheas de actividades arredor dos galardóns.
Cabe sinalar que o concello de Castro de Rei solicitou xa a súa adhesión ao novo convenio de xestión da biomasa nas faixas secundarias asinado entre a Consellería do Medio Rural e a empresa pública Seaga. Destacou así que a prevención é unha tarefa compartida por administracións e propietarios. Sinalou tamén as importantes novidades que presenta este convenio con respecto aos anteriores acordos, como é o incremento do orzamento, que ascende ata os 25 millóns de euros anuais.
A charla será impartida por Diego Fernández Méndez, colaborador da asociación, quen repasará a evolución do sector conserveiro e o seu impacto económico e social no municipio. A actividade inclúe un recoñecemento ás mulleres traballadoras de Conservas Albo, coincidindo coa conmemoración do 8M, cunha mención especial ás últimas empregadas que pecharon esta etapa histórica. A xornada rematará cunha degustación de produtos da marca.