O evento conta con 360 participantes inscritos
Barreiros, 5 de abril de 2023. Na mañá de hoxe, membros da entidade organizadora, a Asociación Deportivo Cultural Praias de Comado, xunto co concelleiro de Dinamización, Dani García, presentaron no Concello de Barreiros a Carreira Popular das Praias.
O evento deportivo, que vai pola súa IX edición, comezará ás 11:00h coas carreiras infantís na praia de Altar e, a mesma hora, terá lugar a saída da andaina dende a praia de Arealonga a cal percorrerá pola area mollada todo o litoral barreirense.
Ás 12:00 horas, tamén desde a praia de Arealonga, darase a saída da carreira absoluta na cal as e os participantes deberán salvar unha distancia de 9 km de area mollada e paseo marítimo ata chegar a praia de Altar onde estará situada a meta.
A Carreira popular das praias está incluída no circuíto de carreiras populares +KmBarreiros, organizado polo Concello de Barreiros e que este ano celebra a súa segunda edición. A Carreira das praias é a segunda proba do mesmo, xa que en nadal celebrouse a Carreira popular de Reis, dando paso á proba deste venres, a Carreira Popular das Praias, á cal seguirán a ½km vertical Monte Comado o 23 de xullo, a Benquerencia Terra Mar o 6 de agosto, o Trail Monte Comado para o 15 de outubro e a Carreira Ao Son do Masma para o 12 de novembro.
Toda a información das probas enmarcadas no circuíto +kmsBarreiros pode verse na páxina web https://maiskmsbarreiros.gal.





















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



