Vilalba, 13 Abril, 2023. A Xunta de Galicia vén de activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia (PLATERGA) debido a un incendio que se declarou nunha nave de reciclaxe situada no Polígono Industrial Sete Pontes, en Vilalba, para garantir a coordinación entre os organismos mobilizados e facer fronte a esta situación de risco.
O 112 Galicia recibiu a alerta deste incendio ás 18:00 horas desta tarde, a través dun particular.
Segundo a información recollida no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia, a nave de reciclaxe ardeu na súa totalidade e, nestes momentos, os servizos de emerxencia protexen outras dúas instalacións lindeiras, na rúa do Acibro, sen que se producisen danos persoais.
Nada máis recibir a alerta dos feitos, desde o 112 Galicia activouse un operativo para atallar o incendio. Os Bombeiros de Vilalba, Barreiros, Eume, Sarria e Lugo acudiron ao lugar, así como os efectivos do GES de Monterroso e de Friol-Palas, o Servizo Municipal de Protección Civil de Vilalba, a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade, os axentes da Garda Civil e da Policía Local, medios do distrito forestal da zona, Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e o Grupo de Apoio Loxístico e Intervención (GALI) da Axencia Galega de emerxencias (AXEGA), que enviou un semi remolque de iluminación para colaborar cos medios desprazados. Tamén, desde o 112 Galicia púxose a situación en coñecemento das autoridades medioambientais da Xunta de Galicia.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



