Ribadeo, 27 de abril de 2023. Acisa Ribadeo pon en marcha a campaña De Ribadeo para mamá, coa que se pretende premiar ás veciñas e veciños deste municipio e da comarca por realizar as compras no comercio local ribadense de cara á celebración do Día da Nai. Esta campaña comeza o 28 de abril e desenvolverase ata o mesmo 7 de maio. Esa xornada a asociación repartirá flores entre as mamás polas rúas de Ribadeo.
A presidenta de Acisa Ribadeo, Carmen Cruzado, explica que “para esta campaña edítanse 10.000 rifas, que os clientes deben cubrir cos seus datos para entrar no sorteo dunha experiencia de desconexión para dúas persoas, doada por Viaxes Eroski; un bono de seis meses cortesía de BeOne; e 100 euros en vales de compra para consumir nos establecementos asociados a Acisa Ribadeo. As rifas estarán a disposición dos clientes nas tendas asociadas, que se encargarán de custodialas ata a realización do sorteo, que se levará a cabo o día 10 de maio nas nosas oficinas, emitirase polas nosas redes sociais e posteriormente chamarase ás persoas premiadas para comunicarllo. As bases da campaña poden consultarse na web de Acisa Ribadeo”.
Cruzado Iglesias subliñou: “desde Acisa Ribadeo agradecemos a colaboración de Viaxes Eroski e BeOne, como doadores de dous dos premios desta campaña, que está financiada pola Xunta de Galicia”.
O xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, anunciou que “como novidade neste ano e para dar un toque de cor nunha data tan singular e alegre, o domingo 7 de maio pola mañá repartiremos flores entre as mamás que atopemos polas rúas da nosa vila”.
“Queremos lembrar que Ribadeo ten unha ampla oferta comercial, e moi especialmente de tendas con numerosos artigos dirixidos a mulleres, onde poder encontrar o agasallo que estamos buscando para as nosas nais, sexa cal sexa a súa idade e para todos os gustos, coas mellores calidades e bos prezos. E ademais queremos animar á veciñanza a que celebre esa data tan especial na hostalería de Ribadeo, onde atoparán todo tipo de propostas para este festexo familiar”, rematou Jesús Pérez.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



