A vicevoceira dos populares, Elena Sierra, subliña que as consecuencia da falta de xestión e de planificación do goberno do BNG “la están pagando los niños y familias que hacen uso del parque
Ribadeo, 26 de abril de 2023. A vicevoceira do grupo municipal popular de Ribadeo, Elena Sierra, denuncia a situación de total abandono do parque San Francisco por parte do goberno do BNG. Desde o grupo popular solicitan, unha vez máis, unha inversión para o arranxo e acondicionamento das zonas afectadas no parque. Esta actuación englóbase dentro das petición que o grupo municipal solicitou ao goberno do BNG nos últimos catro anos a través de rogos nos plenos do concello.
Sierra explica que, “como no podía ser de otra manera, nos hicieron caso omiso a nuestras peticiones, pero lo que es peor, hicieron caso omiso a las familias que llevan allí a sus hijos”. Ademais, engade: “parece que el BNG vive en unha realidade paralela y están más preocupados por sus disputas internas que por gestionar día a día en Ribadeo. Desconocen la realidade, en general del pueblo, y en particular del parque San Fransciso”.
Neste sentido, a vivecoceira destaca que “un paseo por el parque es más que suficiente para ver las condiciones tan lamentables en las que se encuentra el suelo y equipamiento. Es una vergüenza que al final las consecuencias las pagan los niños y las familias que hacen uso del parque”. Por outra banda, Sierra resalta que “a este gobierno le cuesta mucho escuchar a los vecinos e invertir, pero por desgracia como todos sabemos, no andamos muy sobrados de parques en este municipio”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



