Santiago de Compostela, 10 de marzo 2023. A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) acordou por unanimidade outorgar o Premio José Luis Alvite 2023 a Ramón Pernas, considerando que “atesora una larga y brillante trayectoria como articulista y columnista, además de haber ejercido durante décadas, con éxito, el oficio de periodista en sus más diversas vertientes, incluidos varios cargos de responsabilidad en medios de comunicación, en los que también dio muestra de su capacidad profesional. Y todo ello, sin dejar de destacar, por supuesto, sus facetas editorial y creativa, que comprenden un laureado recorrido novelístico, lo que refuerza y avala su perfil como lúcido analista de la realidad de nuestra sociedad y le convierten en una referencia inexcusable del panorama mediático gallego”.
Ramón Pernas, xornalista de vocación, naceu en Viveiro. É licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, onde tamén estudou Socioloxía. Entre outros postos destacados en publicacións, foi subdirector de Nova Empresa e director de Actual. Tamén exerceu como columnista e crítico literario nas revistas Interviú e Tempo, como columnista na axencia OTR Press e no diario El Progreso de Lugo, ademais de ser guionista para o espazo de Televisión Española (TVE) “Si yo fuera presidente” e colaborador de diversos programas da pequena pantalla. Actualmente, escribe unha columna semanal no xornal La Voz de Galicia. O seu labor en medios de comunicación mereceu outros prestixiosos galardóns do xornalismo galego, como o Premio Nacional Julio Camba ou o Premio Puro Cora. Tamén foi presidente do Club de Xornalistas Galegos en Madrid.
Noutros ámbitos, o José Luis Alvite 2023 foi director editorial de Espasa Calpe durante dez anos, e director xeral e fundador de Ámbito Cultural do Corte Inglés. Como novelista, é autor dunha ducia de títulos (“Si tú me dices ven””, a súa primeira novela, en 1996, “Pabellónn Azul”, “Paso a dos”, “Brumario”, “Libro de actas”, “Del viento y la memoria”, “En la luz inmóvil”, “Hotel Paradiso”, “El libro de Jonás”, “El libro de los adioses”). Publicou unha antoloxía poética (“Poesía (in)completa”), o libro ilustrado “Cien años de circo en España” -con José Mario Armeiro- e participou en varias obras colectivas. A súa actividade como escritor valeulle numerosos galardóns literarios: Ateneo de Sevilla, Internacional de Novela Emilio Alarcos, Letras de Bretaña, Azorín de Novela e Café Varela, este último, ao conxunto da súa obra. Ademais, foi finalista do Premio Nacional de Literatura (coa súa obra “Paso a dos”).
Xunto a iso, Pernas pronunciou numerosas conferencias, foi creador do Premio Primavera de Narrativa e participou como xurado en múltiples galardóns literarios. Parte da súa obra narrativa está traducida a outros idiomas, é medalla de ouro do Heraldo de Viveiro -o semanario local da súa localidade de nacemento-, e académico de número da Real e Pontificia Academia Auriense Mindoniense de San Rosendo.
“Un marabilloso agasallo de aniversario”
Ramón Pernas recibiu emocionado a noticia da concesión do Premio José Luis Alvite 2023 por parte da APG, afirmando que a súa elección foi para el “un maravilloso regalo de cumpleaños”, xa que ao día seguinte da comunicación do galardón celebraba o seu aniversario.
O acto de entrega do José Luis Alvite terá lugar na localidade natal de Ramón Pernas, Viveiro, o próximo 3 de maio, coincidindo co Día Mundial da Liberdade de Prensa. Este galardón alcanza así a súa oitava edición, referendando cada ano o seu propósito de manter viva a memoria do extraordinario creador compostelán que lle dá nome. Exento de dotación económica e consistente nunha figura conmemorativa, foi creado en 2016 para distinguir a traxectoria de profesionais que xeran opinión.
Desde o seu nacemento foron galardoados Xosé Luís Barreiro Rivas (2016), Ánxel Vence Lois (2017), José de Cora Paradela (2018), Carlos Luís Rodríguez (2019), Siro López (2020), Mariña Mayoral (2021) e Javier Sánchez de Dios (2022).






















Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.



