É preferible pensar que as súas declaracións nas redes sociais se deben á falta de información, do contrario sería máis grave, posto que estaría vostede faltando á verdade a propósito e, por moito que haxa eleccións o vindeiro 28 de maio, non é escusa para utilizar unha desgraza como o incendio da semana pasada co fin de sacarlle rédito político.
Di vostede que o alcalde non ten que estar cando hai un incendio, que a súa labor é ter planificado cómo actuar nun caso destes…
1º.- Jorge Val, estivo onde debía, coma sempre, ao lado dos veciños e colaborando cos medios de extinción. Como vostede di “coma un veciño máis”, si, pero coa responsabilidade que lle da ser o alcalde de Alfoz e como leva estando toda a vida, tamén na oposición durante 28 anos, non coma vostede que hai 4 anos era o nº2 da candidatura do Sr. Peinó e non colleron ningún dos dous as súas actas, vese que se non entran no goberno non lles valen os votos que agora volve a pedirlle aos veciños. ¿Que vai facer desta volta se os votos non lle dan para ser alcalde, só ou acompañado?, ¿vaise volver a ir sen coller a acta?.
Jorge Val estivo, como bo coñecedor do terreo, informando ao persoal de contraincendios e axudando en todo o que puido día e noite. E vostede, que estivo alí, sábeo ben e postos a explicar, conte que o seu tractor impedía o paso aos servizos de extinción e tiveron que pedirlle que lle lo sacara do medio para poder traballar,…aínda así hai que agradecerlle que estivese durante os momentos difíciles, non coma o seu compañeiro Castiñeira que veu o segundo día facerse unha foto ás 12 da mañá para poñer nas súas redes sociais.
2º.-A quen lle corresponde planificar como actuar é á Xunta de Galicia e remítoo á páxina da Consellería de Medio Rural para que se informe do PLADIGA (Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia).
3º.- A motobomba de Alfoz estivo traballando na extinción do incendio, non debe estar tan mal como di vostede, pregúntelle aos donos das casas que se viron en perigo se funciona ou non. Se tan preocupado está pídalle á Xunta unha nova e, de paso, condutores porque na Mariña hai 5 motobombas e 1 só condutor.
Aproveite as viaxes que fai ultimamente a Santiago ás Consellerías da Xunta para facer algo positivo polo pobo, non só para sacar fotos e falar de bloqueo coma no Plan Básico Municipal, que bloqueado estivo durante os 40 anos de goberno do PP e agora que os socialistas o impulsaron ven vostede a “subirse ao carro” do noso traballo.
4º.-As pistas forestais, están en boas condicións, como se demostrou no acceso de todos os servizos de extinción. Mire a LEI 7/2012, de 28 de xuño, de montes de Galicia que no Art. 98 define perfectamente as pistas e as competencias da Administración e dos propietarios particulares. Mellorar sempre se pode, pero non confundamos á xente facendo pensar que non se realizan traballos de mantemento e limpeza nelas, porque non é certo. As pistas do Concello límpanse e mantéñense.
5º.- O Concello de Alfoz sacou nas redes sociais un único “comunicado” dando as grazas aos veciños e veciñas, aos Concellos de Foz, O Valadouro e Mondoñedo, á dotación de bombeiros da Deputación Provincial e aos servizos de extinción de incendios da Xunta de Galicia. Todos eles estiveron traballando arreo para sofocar o lume e evitar desgrazas maiores nun día en que a intensidade do vento e as altas temperaturas fixeron temer danos máis graves. A todos eles reiteramos o noso agradecemento.
O equipo de Goberno do Concello de Alfoz, non usou nin usará unha desgraza coma o incendio para facer campaña política, non temos fotos do alcalde, Jorge Val, porque non son momentos de andar sacando fotos nin facendo vídeos, son momentos para estar á altura das circunstancias, para traballar por e para os veciños e veciñas de Alfoz. Pero tampouco imos consentir infamias.
Arantxa Incera. Tenente de Alcalde do Concello de Alfoz





















A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
Haberá degustación diaria de ostras na carpa do porto. Concertos, showcookings, visitas guiadas e actividades mariñeiras. Lancha pola ría, exposición de maquetas e concurso fotográfico #somoslasostra2026, ademais propostas especiais en Acueo, La Casilla e Restaurante Peñalba.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.
A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.



