Ata o momento, son 16 as entidades locais que se subscribiron a este programa que ofrecerá o servizo a través dunha oficina autonómica e catro equipos antena en cada unha das provincias
Lugo, 4 de maio de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, animou hoxe ás entidades locais da provincia a adherirse ao programa do Goberno para axilizar e facilitar o acceso dos municipios aos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e garantir, deste xeito, a súa correcta xestión e execución. Isabel Rodríguez mantivo este xoves unha reunión na Subdelegación co xerente da empresa pública Tragsa na provincia, Manuel Escariz; e co coordinador do plan en Lugo, Javier Otero, para supervisar o desenvolvemento deste servizo que o Ministerio de Facenda e Función Pública promove a través de Tragsatec, filial pública.
A subdelegada destacou o impacto deste proxecto estatal na provincia, onde o Plan de Recuperación está impulsando máis de 2.500 actuacións nos 67 concellos lucenses. Neste senso, incidiu na importancia desta iniciativa para maximizar estes fondos e despregar os investimentos de forma eficaz en todo o territorio.
Ata o momento, son 16 as entidades locais que se subscribiron a este programa, orientado principalmente a localidades de menos de 5.000 habitantes, pero tamén está aberto a outras administracións, como é o caso das deputacións. Concretamente, os municipios adheridos ao plan son Antas de Ulla, Bóveda, Lourenzá, Negueira de Muñiz, A Pobra do Brollón, Rábade, Riotorto, Ribas de Sil, Sober, Xove, Palas de Rei, Portomarín, Cervo, Abadín, A Pontenova e Pol.
Asesoramento técnico
Tragsa oferta este servicio de asistencia técnica, a través da súa filial Tragsatec, dende o pasado 15 de marzo. Para poder acceder a esta asistencia, as entidades deben adherirse voluntariamente ao programa, dirixido desde a Secretaría Xeral de Orzamentos Europeos do Ministerio de Facenda e Función Pública, sen que a súa adhesión implique obrigas adicionais ás xa recollidas na normativa que rexe para todas as entidades executoras do PRTR. Tragsa, pola súa parte, encárgase de axudar en todo o proceso ás entidades adheridas, desde as convocatorias ata a resolución, con especial incidencia no manexo da plataforma CoFFEE, un sistema de información integrado no que os xestores designados por cada administración -previa formación- dan conta do avance dos proxectos. Tamén velará polo cumprimento do código de boas prácticas e das obrigas de xestión do Plan de Recuperación.
As xestións que ofrece este servicio son complementarias ás que xa veñen desenvolvendo a Subdelegación e a Delegación do Goberno nos diferentes concellos. Para iso, a empresa pública conta cun equipo de asistencia central, outro a nivel autonómico e un equipo antena en cada unha das catro provincias. Nestes intres, Tragsa está rematando de conformar estes equipos, que comezarán a funcionar de forma inmediata



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



