Ribadeo, 7 de xullo de 2023. O VIII Ribadeo Indiano da comezo esta tarde no Teatro ás 19:00 horas co acto de presentación e co pregón que pronunciará o escritor e xornalista Santiago Jaureguizar. Logo terá lugar unha amenizada actuación musical con los Jimaguas.
Como é tradición para as oito está prevista a baixada ao porto na compaña do Cuarteto Tradicional Illa Pancha, xa en Porcillán será a benvida os queridos indianos. Alí mesmo actuará o grupo Son Bolero. O Coro Crecente de Conxo, La Malquerda e Escolma de Meus amenizarán a subida desde o peirao ata vila polas Escaleiras Martínez, o Patín e a Fonte dos Catro Canos. A xornada rematará coas actuacións de Los Jimaguas e Río Cumbia no Campo de San Francisco.
O concelleira de Turismo, Marta Saiz, dixo que “o programa do Ribadeo Indiano 2023 é amplo e variado. Durante tres días poderemos gozar dun grande abano de actividades para todos os públicos. Pero hoxe gustaríame centrarme no apartado musical para convidar a todo o mundo a que se acheguen o sábado pola noite ao parque de San Francisco a bailar ao ritmo do Septeto Santiaguero”.
A edil ribadense contou que “na actualidade este grupo é un dos expoñentes más importantes da música tradicional cubana. Son grandes referentes en conseguir traspasar fronteiras coa súa música natal. Teñen editados 10 discos. Posúen dous premios Grammy Latinos. E agora mesmo atópanse de xira por Europa na que visitan 9 países: España, Francia, Suecia, Alemaña, Polonia, Chipre, Portugal, Holanda e Bélxica. E imos ter a sorte de poder escoitar ao Septeto Santiaguero en Ribadeo este sábado a partir das once e media da noite”.
Saiz subliñou: “e hai que lembrar que o Ribadeo Indiano contará coa actuación do grande Eliades Ochoa, toda unha lenda da música cubana. Iso será o domingo ás oito e media da tarde no barrio de San Roque. Este artista é considerado un dos soneros cubanos máis importantes de todos os tempos, é un notable defensor da música tradicional cubana e o mellor guitarrista da súa xeración. Nos anos 80 participou xunto a Compay Segundo e ao Cuarteto Patria en varias xiras artísticas e con el gravou a primeira versión do coñecido Chan Chan”.
A concelleira de Turismo e Comercio engadiu que “Eliades Ochoa é unha das estrelas do Buena Vista Social Club. Conta con varios Grammy Latinos e colaborou en producións discográficas con Enrique Bunbury, Luis Eduardo Aute, Armando Manzanero, Pablo Milanés, entre moitos outros, e tamén foi seleccionado para participar no disco homenaxe a Bob Dylan”.
Marta Saiz convida a participar no Ribadeo Indiano 2023: “desde o Concello queremos convidarvos a gozar da música que atoparedes en cada recuncho da nosa vila. Neste importante evento contaremos coa actuación de formacións do noso pobo como a Banda Municipal de Música, o cuarteto Illa Pancha, Amigos da Gaita ou a Coral Polifónica de Ribadeo, entre outros, aos que lles queremos agradecer unha vez máis a súa implicación. Por aquí pasarán La Trova Coruñesa, Los Jimaguas, Son Bolero e moitos máis coa intención de trasladarnos no tempo a finais do século XVIII e principios do XIX”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



