O xogador cordobés vén de xogar en Primeira División co equipo andaluz pero tamén formou parte dun dos grandes, o Pozo Murcia
Burela, 18 de xullo, 2023. Córdoba Patrimonio de la Humanidad e Pescados Rubén Burela FS chegan a un acordo de cesión polo cal o xogador andaluz de 23 anos, Ismael López, únese ao plantel de David Rial para a próxima tempada e será un novo reforzo para o ataque do conxunto laranxa. O pivote natural de Priego de Córdoba comeza a xogar con só 18 anos no Itea Córdoba Futsal na tempada 17/18 quedándose ás portas de pelexar polo playoff de ascenso a Primeira División. A súa calidade como xogador chama a atención dun dos equipos máis fortes da competición, O Pozo Murcia, que acorda co Córdoba a súa propiedade desde a tempada 18/19, comezando no segundo equipo con moi bos números e subindo ao primeiro na 20/21. Na tempada 21/22 volve, cedido polo Pozo, ao equipo blaquiverde e na 22/23 volve xogar como propiedade do Córdoba. De novo a través dunha cesión, esta vez Burela – Córdoba, xogará no equipo mariñán durante esta próxima tempada 2023/2024.
O xogador andaluz vén ao Pescados Rubén con moitas ganas, “Burela é un equipo histórico e creo que a calquera lle gustaría xogar alí. É un equipo que xa o ano pasado estivo a un pasiño de ascender e é un proxecto ambicioso”. Con boas expectativas, “A miña intención é aportar na faceta goleadora xa que é o que se lle pide a alguén da miña posición. Considérome un xogador de equipo que o deixa todo na pista e que se sacrifica polos seus compañeiros para axudar todo o posible. Espero recuperar a ilusión aquí en Burela, xa que levo dous anos nos que as cousas non me saíron como esperaba en Córdoba”. E déixanos unha mensaxe para a afección laranxa “Para a afección dicirlle que espero que lles deamos moitísimas alegrías e que vibren en Vista Alegre cada fin de semana para que xuntos cheguemos a conseguir o obxectivo”.
O presidente do Pescados Rubén Burela FS, Manuel Blanco, confía na eficiencia desta nova fichaxe, “é un xogador que tamén competiu tanto en Segunda como en Primeira División, da que provén. Coñece perfectamete a categoría e seguro que se adapta pronto, contamos con el como activo para reforzar o ataque do noso equipo”.
























Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



