Ribadeo, 13 de xullo de 2023. O vindeiro sábado, 15 de xullo, celebrarase a carón da lonxa de Ribadeo a primeira edición da Festa da Ría, que dende as 11 contará con degustación de mexillóns e ostras e con música en directo. Está organizada pola Confraría de Pescadores e a asociación Catro Caños e conta coa colaboración do Concello. A concelleira de Turismo, Marta Saiz, subliña que esta festa porá en valor o traballo do sector mariñeiro.
A edil ribadense explicou que “se trata dunha iniciativa da Confraría de Pescadores e da asociación cultural Catro Caños, que é tamén a responsable do Vendaval Fest que se vai celebrar dentro duns días. É unha festa gastronómica que nace para unir e poñer a labor e o traballo das xentes mariñeiras así como o produto do mar e da nosa ría, unha ría que une unha gran comarca e que, como din moitos, podemos considerar o paraíso natural das rías altas”.
A música correrá a cargo de Sintético Fantástico e da Charanga Mil9 dende a sesión vermú.
“Por suposto, dende o Concello de Ribadeo apoiamos este tipo de iniciativas e seguiremos apostando e impulsando os colectivos e asociacións. Ao mesmo tempo que lles agradecemos o seu traballo e a súa implicación para un Ribadeo mellor”, engadiu a concelleira de Turismo.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



