Agrupacións de Serbia e Castellón e O Arco da Vella actuarán na mostra folclórica, que se celebra o 5 de agosto en San Miguel de Reinante
Lugo, 4 de agosto de 2023. Presentouse na Praza de San Marcos o XL Festival Folclórico Internacional do Emigrante, que se celebrará o 5 de agosto en San Miguel de Reinante, en Barreiros, e que conta co apoio da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Ensemble Nicola Tesla de Belgrado (Serbia), Grupo Danses El Raval de Vila-Real (Castellón) e a Asociación Folclórica O Arco da Vella, organizadora do encontro xunto ao Concello de Barreiros, actuarán nesta mostra internacional que é un referente festivo e cultural para a veciñanza de Barreiros e da comarca e que conta coa distinción de Festa de Interese Turístico Galego.
O deputado de Medio Rural, do Mar e Mocidade Daniel García, a deputada de Cultura Iria Castro, a alcaldesa de Barreiros Ana Ermida e integrantes de O Arco da Vella participaron no acto de presentación no que a formación barreirense ofreceu media hora de actuación, que sorprendeu a lucenses e visitantes que paseaban pola rúa San Marcos.
Daniel García agradeceu a xenerosidade das persoas que integran o Arco da Vella e recoñeceu “o traballo desinteresado e o esforzo diario por manter vivas as nosas tradicións, apostando por fomentalas entre as crianzas” e “o sentimento de pobo que levades dentro”. Valorou tamén “a aposta que desde o Concello de Barreiros se ven facendo desde o 2019 por darlle o impulso necesario ao festival, complementado nesta edición co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que mostran así o seu compromiso coas asociacións”
Nese senso, Ana Ermida incidiu na importancia de “ a coordinación e a colaboración entre todas as partes para organizar e seguir impulsando o Festival” e valorou o apoio institucional como “unha forma poñer en valor a autoorganización do pobo, o asociacionismo e darlle o protagonismo á hora de actuar como altofalantes das iniciativas sociais do pobo”. Destacou a orixe e o espíritu co que se celebra o Festival, que traslada “o orgullo de pertenza a unha terra que trata en pé de igualdade a outros pobos do mundo, polos que galegas e galegos nos vimos na obriga de camiñar”.
O director do Arco da Vella Enrique Penabad explicou que chegar a corenta edición é “un motivo de satisfacción e sobre todo de motivación para a propia agrupación”. “Vivimos case todo o ano en función deste día. Ese día no que podemos expresar o traballo de todo o ano, das clases, do que fomos aprendendo en todos os sitios e poder mostrarlle a eses 1500, 2000 persoas que asisten habitualmente ó festival, o que é o folclore do mundo, pero sobre todo que segue viva a tradición do folclore galego. Empezamos cun lema no ano 80,”Defendamos o noso folclore” e a día de hoxe, pensando no Festival do Emigrante, está tamén presente. Sigamos nesa liña e entre todos, defendamos o noso folclore”, concluíu.
O Arco da Vella actúa como agrupación titular no Festival, abrindo e cerrando a mostra
folclórica coas súas pezas de baile e música. A última peza que representa é sempre unha
estrea.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega 4.000 euros á organización do Festival, e colabora co Arco da Vella noutras iniciativas culturais como a Foliada do Emigrante.
Corenta anos de promoción folclore
O Festival do Emigrante naceu por iniciativa da Asociación Folclórica O Arco da Vella de San Miguel de Reinante, como unha plataforma para presentar a formación e o folclore galego ás persoas que emigraran a Europa e que no mes de agosto volvían á casa a pasar as vacacións.
Nas primeiras edición, o festival contaba coa participación de agrupacións folclóricas
da comarca, para logo ir medrando e albergar un escenario que, nas últimas edicións, acolle grupos do resto do Estado e internacionais. A organización do Festival propicia tamén intercambios que levan á agrupación de Barreiros a difundir o folclore galego con actuacións fóra de Galiza.
A Asociación Folclórico O Arco da Vella conta na actualidade conta con máis de 30 compoñentes no seu grupo titular e máis de 40 alumnoas e alumnos nas súas escolas.



























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



