Coa oficina móbil, a Deputación reforza a actividade que xa se vén desenvolvendo no marco deste proxecto dende hai seis meses co traballo de 7 axentes dixitais que se moven polas diferentes comarcas e coas oficinas abertas nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba. Xa atenderon a máis de 1.200 empresas
Lugo, 13 de setembro de 2023. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, anunciou este mércores a posta en marcha da oficina móbil do programa Acelera PEMES, unha medida que reforzará o asesoramento gratuíto en materia de transformación dixital que vén ofrecendo a institución provincial dende hai seis meses a empresas e autónomos da provincia a través deste proxecto, que impulsa en colaboración co Goberno do Estado.
A oficina móbil arranca hoxe mesmo o seu percorrido na Mariña, prestando servizo a empresas e autónomos do Valadouro, Lourenzá e Mondoñedo, e continuará a súa actividade ata finais de novembro. Este vehículo aliméntase de placas solares para a subministración da enerxía necesaria para o funcionamento dos equipos informáticos e da iluminación. Así mesmo, cóntase cun sistema de reciclado da auga de lavado, o que contribúe á reciclaxe do 100% da auga que usa e á redución ata nun 94% da presenza de hidrocarburos. Unha aposta polo aforro enerxético e o coidado do medio ambiente, na liña de favorecer a sostibilidade pola que aposta a Deputación.
“Esta modalidade que inauguramos hoxe permitiranos chegar mellor ao noso rural e apoiar máis de preto aos proxectos empresariais cunha atención personalizada”, subliñou o mandatario provincial, que se reuniu co persoal que se encargará de ofrecer o asesoramento.
O Presidente lembrou que dende o inicio do Acelera PEMES hai medio ano, xa recibiron apoio máis de 1.200 empresas da provincia, o que dá boa conta “do enorme interese que está xerando no tecido produtivo esta iniciativa”, dirixida a axudar ao empresariado e ás persoas autónomas a que aproveiten os recursos que ofrece a dixitalización e as novas tecnoloxías para modernizar e mellorar o seu negocio. Desta forma, “gañan en competitividade, en produtividade e en eficiencia, e tamén é moi útil para que abran novas oportunidades de negocio”, asegurou José Tomé. “Polo tanto”, expuxo, “estamos fortalecendo e diversificando o tecido produtivo, algo fundamental para fixar poboación no rural xunto coa dotación de servizos públicos de calidade”.
Coa oficina móbil, a Deputación reforza a actividade que xa se vén desenvolvendo no marco deste proxecto co traballo de 7 axentes dixitais que se moven polas diferentes comarcas e coas oficinas abertas nos concellos de Viveiro, Lugo, A Fonsagrada, Láncara, Monforte e Vilalba.
Neses encontros coas empresas estudan a situación da que parte cada unha delas e buscan ferramentas que encaixen coa súa actividade para beneficiar o seu volume de negocio. Por exemplo, axúdanlles a crear redes sociais e impulsalas para que teñan máis seguidores, tamén á posta en marcha de Whatsapp Business para que interactúen coa súa clientela ou implantan solucións dixitais específicas do seu sector que son moi útiles para os negocios.
O programa Acelera PEMES está dotado con medio millón de euros, dos cales o 80% (400.000€) proceden da Unión Europea a través da entidade pública empresarial Red.Es, dependente do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, e o 20% (100.000€) da propia Deputación de Lugo.
Calendario completo da oficina móbil
O calendario completo da oficina móbil do Acelera PEMES comprende as diferentes comarcas da provincia, con visitas organizadas entre hoxe mércores e o xoves 23 de novembro:
Mércores, 13 de setembro:
O Valadouro -10.30 horas
Lourenzá – 12.30 horas
Mondoñedo – 16.00 horas
Venres, 15 de setembro:
Riotorto – 10.30 horas
A Pontenova – 12.00 horas
Meira – 16.00 horas
Pol – 17.30 horas
Luns, 18 de setembro:
Bóveda – 10.30 horas
Monforte de Lemos– 12.30 horas
Martes, 19 de setembro:
Ribeira de Piquín – 10.30 horas
A Fonsagrada – 12.30 horas
Baleira – 16.00 horas
Mércores, 20 de setembro:
Láncara – 10.30 horas
O Páramo – 12.30 horas
O Corgo – 16.00 horas
Luns, 25 de setembro:
Carballedo – 10.30 horas
Chantada – 12.30 horas
O Saviñao – 16.00 horas
Taboada – 18.00 horas
Martes, 26 de setembro:
Abadín -10.30 horas
A Pastoriza – 12.30 horas
Cospeito – 16.00 horas
Xoves, 28 de setembro:
Alfoz – 10.30 horas
Foz – 12.30 horas
Barreiros – 16.00 horas
Martes, 3 de outubro:
Pedrafita do Cebreiro – 10.30 horas
As Nogais – 12.30 horas
Cervantes – 16.00 horas
Luns, 9 de outubro:
O Incio – 10.30 horas
Samos – 12.30 horas
Triacastela – 16.00 horas
Martes, 10 de outubro:
Friol – 10.30 horas
Guitiriz – 12.30 horas
Begonte – 16.00 horas
Luns, 16 de outubro:
Navia de Suarna – 10.30 horas
Becerreá -12.30 horas
Baralla – 16.00 horas
Castroverde – 17.30 horas
Martes, 17 de outubro:
O Vicedo – 10.30 horas
Viveiro – 12.30 horas
Xove – 16.00 horas
Xoves, 19 de outubro:
Ribas de Sil – 10.30 horas
Quiroga – 12.30 horas
Folgoso do Courel – 16.00 horas
Martes, 24 de outubro:
Ribadeo – 10.30 horas
Trabada – 12.30 horas
Castro de Rei – 16.00 horas
Xoves, 26 de outubro:
Monterroso – 10.30 horas
Portomarín – 12.30 horas
Guntín – 16.00 horas
Martes, 7 de novembro:
Muras – 10.30 horas
Vilalba – 12.30 horas
Xermade – 16.00 horas
Xoves, 9 de novembro:
A Pobra do Brollón – 10.30 horas
Pantón – 12.30 horas
Martes, 14 de novembro:
Cervo – 10.30 horas
Burela – 12.30 horas
Ourol – 16:00 horas
Xoves, 16 de novembro:
Antas de Ulla – 10.30 horas
Palas de Rei – 12.30 horas
Martes, 21 de novembro:
Paradela – 10.30 horas
Sarria – 12.30 horas
Sober – 16.00 horas
Xoves, 23 de novembro:
Rábade – 10.30 horas
Outeiro de Rei – 12.30 horas






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



