Reclama para Galiza a xestión e réxime financeiro do uso público marítimo terrestre, nun país con 2.555 Km de costa
Santiago de Compostela, 16 de outubro, 2023. O viceportavoz do BNG, Luís Bará anunciou que o BNG defenderá no Parlamento galego unha proposición de lei para o traspaso das competencias públicas terrestres como “vía de solución” ao recurso presentado polo Goberno central ante o Tribunal Constitucional en contra da Lei galega do litoral.
O nacionalista afirmou que o BNG é contrario a este recurso pero asegurou que a Xunta puxo “o carro diante dos bois” actuando con présas e tramitando a lei de maneira “exprés” coa intención de “crear conflito” co goberno do Estado. A Xunta, recalcou Bará, “non quería a transferencia” porque tivo a oportunidade de reclamala durante o goberno de Mariano Rajoy para facilitar a Galiza esta competencia e nese momento non a reclamou.
O BNG, dixo, discrepa e manifesta a “súa rotunda oposición” á presentación do recurso de inconstitucionalidade por que é “unha decisión unilateral e inxustificada”. Unilateral porque non foi convocada a Comisión Mixta integrada pola Xunta e o Estado para abordar as discrepancias e inxustificada porque os argumentos non son o verdadeiro motivo do recurso.
Bará subliñou que o BNG defende as plenas competencias de Galiza a respecto do litoral, co mar e a costa e tendo en conta que Galiza é a comunidade do Estado con máis costa, 2.555 e o “mar e a costa forman parte da nosa vida e identidade” ademais da repercusión no ámbito económico e emprego.
O deputado recalcou que o sector mar-industria mobiliza 8.800M€ sendo a cuarta actividade económica de Galiza e xera o 5% do PIB. Somos a décima potencia exportadora de produtos pesqueiros e marisqueiros por diante de Islandia e Xapón.
Por outra banda, engadiu o nacionalista, o Estatuto de Galiza recolle as competencias tamén en materia do dominio público terrestre, “a nai do año do conflito”. Neste sentido, Galiza pode exercer as competencias en materia do litoral pero parte das competencias xa están suspendidas “de facto” antes da presentación do recurso.
A Xunta actúo con “moitas présas” cunha tramitación exprés, eludindo o informe do Consello Consultivo, e reducindo os prazos á metade ademais de impedir a participación ampla dos sectores relacionados co mar. A Xunta “tiña un plan porque a súa intención era un conflito e o Goberno central mordeu o anzol”, afirmou.
O PP mostra intereses polo litoral cando o goberno central cambia da posición a respecto de ENCE
Dende o BNG, dixo queremos denunciar a falta de transparencia da Xunta en materia das competencias porque sobre a demanda da reclamación da transferencia do litoral existe un acordo do 2009 e se o goberno galego realmente quixera esta transferencia tiña que ter aproveitado o goberno de Mariano Rajoy gobernando no Estado pero ao PP “non lle interesaba” e a Xunta empezou a interesarse ante “o cambio de posición do goberno central a respecto de ENCE”, da prorroga da concesión e das duracións das concesións para o complexo mar-industria.
Bará explicou que, “as competencias do dominio marítimo terrestre seguen sendo do Estado” como figura na lei de Costas e de Cambio climático e a Xunta non pode legalizar 4.000 construcións nin centros de saúde ou polideportivos e moito menos “autorizar a continuidade de instalacións como ENCE”.
O BNG presenta unha lei para transferencia do dominio público marítimo terrestre
Ante a intención do Partido popular de tirar réditos políticos e impedir unha posible negociación, dende o BNG presentamos unha “vía” para unha solución pactada e agora comprobaremos si PP e PSOE queren realmente un acordo e apoian o texto presentado polo BNG para a elaboración dun Decreto Lei sobre a transferencia das competencias de dominio público marítimo terrestre a través da Comisión Mixta. “ Os plans de uso do litoral, o plan financeiro para o uso público marítimo terrestre e a execución de infraestruturas no litoral”.
Pedimos o apoio dos dous grupos ao noso texto legal para iniciar a súa aprobación no Congreso, concluíu.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



