José Manuel Balseiro lamentou que “a lentitude ou paralización de expedientes por parte deste organismo derivou na perda en Galicia do investimento de 35 millóns de euros de fondos europeos”
Compostela, 12 de decembro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que a Dirección Xeral da Costa e o Mar clarifique e unifique criterios á hora de informar sobre a instalación de infraestruturas hidráulicas no dominio público marítimo terrestre, co fin de axilizar a tramitación e autorizacións de actuacións esenciais para garantir o saneamento das nosas rías. “A lentitude ou a paralización dos expedientes por parte deste organismo derivou na perda en Galicia do investimento de 35 millóns de euros de fondos europeos que tiñan un destino finalista para este tipo de obras e un prazo concreto de execución”, concretou o deputado popular José Manuel Balseiro.
Na súa intervención, Balseiro lamentou que “neste momento o principal obstáculo para que Galicia dispoña de máis e mellores depuradoras para reducir os vertidos nas nosas rías é o comportamento que está a ter a Dirección Xeral da Costa e o Mar, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico”.
OBSTÁCULOS CONSTANTES
En concreto, manifestou que, “á hora de levar adiante unha obra hidráulica, concellos e Xunta están atopándose cos obstáculos desta Dirección Xeral pola interpretación da Lei de costas, con requirimentos continuos e peticións de documentación desproporcionada e extemporánea que complican o avance das obras; e a lentitude ou, directamente, a paralización na tramitación dos informes necesarios”.
Balseiro citou, a modo de exemplo, actuacións que se viron afectadas por este proceder da Dirección Xeral da Costa e o Mar: o novo emisario de Praceres en Pontevedra, que tardou 37 meses en enviar os informes; o saneamento de Foz, outro tanto tempo de retraso; case dous anos de espera para saber que non autorizaba as obras en Cabanas; ou 84 meses esperando por permisos para o saneamento de Viveiro.
“Estes retrasos teñen como consecuencia non desexada a perda de fondos europeos consignados no período operativo 2014-2020 para o saneamento das rías, que a Consellería de Infraestruturas ten cuantificado en 35 millóns de euros”, lamentou o deputado popular, quen afirmou que “se este organismo estatal aplicara criterios lóxicos e uniformes na súa interpretación das leis vixentes, hoxe as rías galegas xa estarían saneadas na súa totalidade”.
Por outra parte, José Manuel Balseiro salientou o traballo que vén desenvolvendo a Xunta por mellorar a calidade das augas das nosas rías, cun investimento de 1.100 millóns de euros en 10 anos que permitiron duplicar a capacidade de depuración e mellorar en todas as áreas a calidade das augas”. “Pero, para seguir avanzando, necesitamos a concorrencia, axuda e colaboración doutras administracións, algo que non está a acontecer coa Dirección Xeral da Costa e do Mar do Goberno central”, lamentou.



















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



