“É unha aposta pola mocidade, combinada coa admiración pola experiencia”, segundo afirma Candia. A media de idade sitúase entre os 40 e os 50 anos, sendo a máis nova a presidenta de Novas Xeracións de Galicia que, con tan só 22 anos, ocupa o número 10
Lugo, 15 de xaneiro de 2024. A presidenta provincial, Elena Candia, encabeza unha lista renovada nun 68% ás eleccións do Parlamento de Galicia. A lista está integrada por 14 titulares e 5 suplentes, dos que tan só repiten seis con respecto á anterior lexislatura, e que son: Elena Candia, Cristina Sanz, Raquel Arias, José Manuel Balseiro, Encarna Amigo e Katherinie Varela. O 13 restantes incorpóranse por primeira vez.
Son 10 mulleres e 9 homes con profesións variadas e todos con ampla experiencia en política, ao seren concelleiros en distintos municipios da provincia. Son perfís que, en palabras da presidenta provincial, representan “ao municipalismo e tamén aos distintos sectores, como son o tecido económico, o agrario e mesmo o sanitario”. En definitiva, afirma, “compañeiros moi pegados ao territorio”.
APOSTA POLA MOCIDADE, COMBINADA COA EXPERIENCIA
A lista é “unha aposta pola mocidade, combinada, di, “coa admiración pola experiencia”. Destaca a presidenta de Novas Xeracións de Galicia con 22 anos, que ocupa o posto número 10, e o número 8 con 34 anos. O de maior idade é o ex alcalde de Paradela, José Manuel Mato, que figura no número 5, e acumula tras de si doce maiorías absolutas dende que acadou por primeira vez a alcaldía con tan só 24 anos.
Titulares:
1. Elena Candia. 45 anos. Avogada. Vicepresidenta primeira do Parlamento de Galicia na última lexislatura e voceira do Grupo Municipal do Partido Popular no Concello de Lugo.
2. Javier Arias Fouz. 46 anos. Avogado. Actual delegado da Xunta de Galicia en Lugo.
3. Alfonso Villares. 53 anos. Veterinario. Actualmente conselleiro do Mar e ex alcalde de Cervo dende 2007 ata xuño de 2023.
4. Cristina Sanz. 53 anos. Economista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo e deputada no Parlamento de Galicia na última lexislatura, ocupando nos últimos meses a portavocía de Facenda.
5. José Manuel Mato. 69 anos. Ex alcalde de Paradela con 12 maiorías absolutas.
6. Raquel Arias. 57 anos. Xornalista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Sober e actualmente vicevoceira no Parlamento de Galicia.
7. José Manuel Balseiro. 61 anos. Concelleiro do Partido Popular no Concello de Cervo e deputado no Parlamento de Galicia dende 2005.
8. Enrique Barreiro. 34 anos. Licenciado en Administración e Dirección de Empresas. Tenente de Alcalde no Concello de Friol.
9. Encarna Amigo. 66 anos. Reumatóloga no Hospital Lucus Augusti (HULA). Concelleira do Partido Popular no Concello de Cervantes e deputada no Parlamento de Galicia nas últimas dúas lexislaturas.
10. Nicole Grueira. 22 anos. Estudante de Ciencias Políticas. Concelleira do Partido Popular no Concello de Pol e presidenta de Novas Xeracións de Galicia.
11. Katherinie Varela. 42 anos. Avogada. Concelleira do Partido Popular en Monforte de Lemos e deputada no Parlamento de Galicia na última lexislatura.
12. José Luis Novo. 66 anos. Tenente de Alcalde de Rábade.
13. Alicia López. 44 anos. Técnico agrícola. Concelleira do Partido Popular en Palas de Rei.
14. Pablo Figueiras. 49 anos. Avogado. Voceiro do Partido Popular no Concello de Castroverde.
Suplentes:
1. Aurora Aida Goás. 61 anos. Médico de Medicina Xeral. Concelleira do Partido Popular no Concello de Lugo.
2. José Fernández Carrete. 50 anos. Bombeiro forestal. Voceiro do Partido Popular no Concello de Becerreá.
3. Miguel Ángel Fernández. 45 anos. Profesor de autoescola. Tenente de Alcalde de Baleira.
4. Saray Ventura. 29 anos. Economista. Concelleira do Partido Popular no Concello de Viveiro.
5. Verónica Soto. 51 anos. Empregada xubilada do sector da banca. Concelleira do Partido Popular no Concello de Foz.



















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



