Rego: “Se a factoría incumpre os seus compromisos, BNG defenderá no Estado unha intervención pública para manter os traballos e a actividade”
Madrid, 22 de xaneiro de 2024. O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego e a cabeza de lista da organización nacionalista por Lugo nas eleccións galegas, Olalla Rodil, declararon á saída da reunión mantida co Comité de Empresa de Alcoa que BNG defenderá a intervención pública para manter a continuidade da factoría e o mantemento dos postos de traballo no caso de non cumprir Alcoa cos compromisos.
Néstor Rego deixou claro o apoio do BNG e a disposición a colaborar desde as institucións e desde todos os ámbitos para conseguir que “Alcoa cumpra o Acordo que ten asinado e os seus compromisos: que constrúa o forno de ánodos, que reinicie as cubas, que se poña en funcionamento a planta”. Sinalou que “vamos continuar a defender no Estado unha intervención pública si Alcoa non garante esa continuidade. Unha intervención pública que teña por obxectivo manter a actividade na Mariña, manter o conxunto dos empregos e darlle futuro a esta planta”.
Outras iniciativas que o deputado do BNG puxo enriba da mesa foron: a modificación do Estatuto do Consumidor Electrointensivo para establecer esa categoría específica de industria hiperelectrointensiva, a compensación por CO2 levándoa ao máximo que permita a UE, unha tarifa eléctrica galega que elimine, entre outros, os custes do transporte e faga mais competitiva a industria do noso País.
Olalla Rodil: “Se BNG goberna na Xunta, haberá participación do Goberno galego na intervención da fábrica”
Pola súa parte, Olalla Rodil trasladou “todo o apoio do BNG para darlle unha solución xa a esta conflito. Levamos demasiados anos con esta espada de Damocles enriba desta factoría e para nós é vital que se solucione xa dunha vez de maneira definitiva”.
Asegurou que se “a partir do 18 de febreiro conseguimos a confianza dos galegos e das galegas para gobernar este pais, o BNG vai poñer encima da mesa un compromiso firme de participar nunha intervención pública desta fábrica para darlle continuidade aos postos de traballo e a actividade industrial”. Salientou que Alcoa-San Cibrao é a única planta de produción de aluminio de todo o estado. “Falamos dun sector estratéxico polo que representa para o presente e para o futuro industrial do noso País. Se a partir do 18 gobernamos na Xunta vai haber unha participación do goberno galego na intervención da fábrica”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



