O acondicionamento desta vía autonómica terá unha segunda fase, entre os concellos de Muras e de Xermade, acadando un investimento global de 15 M€
Santiago de Compostela, 20 de marzo de 2024. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade licitou hoxe por importe de 7.879.558 euros as obras da 1ª fase de mellora da capacidade e da seguridade da estrada LU-540 entre Viveiro e Cabreiros, no treito comprendido entre os puntos quilométricos 5 e 20+090, ao paso polos municipios de Viveiro e de Ourol.
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica hoxe esta contratación, á que as empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o día 24 de abril. Os traballos contan cun prazo de execución de 24 meses.
O obxectivo da Xunta é iniciar a finais deste verán a execución dos traballos de acondicionamento dos case 15 quilómetros deste treito da vía autonómica, en sentido Viveiro-Lugo.
O investimento global da intervención ascende a máis de 8,2 M€, tendo conta o pagamento dos 146 predios precisos para executar esta primeira fase de aumento da capacidade da LU-540.
Neste momento, o treito interurbano da estrada LU-540, a partir do punto quilométrico 5, unha vez pasado Landrove, presenta unha alta porcentaxe de prohibición de adiantamento, dun 73% en sentido Lugo e dun 83% en sentido Viveiro, e ten curvas de radio reducido.
As obras licitadas hoxe reducirán o tempo de viaxe e aumentarán a seguridade no traxecto entre Viveiro e Lugo con carrís de adiantamento, rectificación de curvas, reforma de interseccións e renovación do firme de todo o treito. Esta intervención fará posible que en todo o traxado se permita circular a 90 km/h.
Máis en detalle, a intervención máis intensa realizarase no treito inicial da vía, entre os quilómetros 5 e 8, cun acondicionamento integral da vía que incluirá a ampliación da calzada, a dotación de terceiro carril e a rectificación das curvas, pasando dun radio mínimo de 70 metros a un de 120 metros.
Ademais, nesta intervención incluirase un cambio de sentido na marxe esquerda do punto quilométrico 6+000 e repoñeranse os camiños de servizo afectados.
Arredor do punto 10+300, acometerase a mellora da intersección, en ambas as marxes, pasando de estar enfrontadas a aumentar a distancia entre elas, para habilitar carrís centrais para as dúas.
Na contorna do punto quilométrico 14+000, disporase un carril adicional de adiantamento e mellorarase a intersección que dá acceso ao núcleo de Ourol.
Ademais, aumentarase a capacidade da vía en sentido Viveiro-Lugo, á altura do punto quilométrico 16+000, coa implantación dun carril para vehículos rápidos, e mellorarase a seguridade viaria na intersección do quilómetro 15+750, incluíndose a reposición de camiños.
Esta intervención completarase co reforzo do firme, que implicará o fresado nas zonas máis danadas e a reposición da capa de rodaxe nos preto de 15 quilómetros da actuación.
A contratación desta obra supón o inicio da mellora da capacidade e da seguridade desta vía autonómica, que se desenvolverá en dúas fases, tras terse aprobado no Consello da Xunta do pasado 25 de xaneiro o proxecto de trazado na LU-540, entre Viveiro e Cabreiros, que suporá un investimento global de 15 M€.
No que se refire á segunda fase do proxecto, os traballos desenvolveranse entre os puntos quilométricos 20+090 e o 39+520, nos concellos de Muras e de Xermade.
Neste treito, as actuacións centraranse no aumento da capacidade da vía nalgúns tramos en rampla, mediante a incorporación dun carril adicional para vehículos rápidos, reducindo a distancia entre os treitos de adiantamento contiguos.
O Goberno galego en funcións segue traballando nos obxectivos da actuación de reforzar a competitividade territorial das comarcas da Mariña e da Terra Chá, mellorar a seguridade viaria dos condutores e ofrecerlles aos veciños desprazamentos máis cómodos e eficientes.
Plano de situación do tramo obxecto das obras obxecto da contratación da 1ª fase:
























No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



