Ribadeo, 20 de marzo de 2024. Ribadeo inicia os trámites para o deseño da súa bandeira. O acordo foi aprobado por unanimidade no pleno celebrado onte.
O alcalde, Dani Vega, contou que “abordamos cuestións como a proposta de inicio do expediente para a aprobación da bandeira de Ribadeo. Creo que é importante que nos elementos que nos representen teñamos unanimidade dos grupos políticos, así foi e vaise coordinar desde o Concello de Ribadeo, desde unha comisión municipal para facer o estudio e análise da futura bandeira de Ribadeo, que estará formada pola comisión de asuntos xerais na que están todos os grupos políticos representados, o cronista oficial de Ribadeo, o Instituto Padre Sarmiento, a Dirección Xeral de Administración Local e o Consello da Cultura Galega. Houbo unha unanimidade e creo que desde a unidade imos aprobar un elemento que nos vai representar a todos como é a bandeira do Concello de Ribadeo”.
Na sesión plenaria tamén se abordaron asuntos relativos á creación de emprego. “En colaboración co Concello de Barreiros teremos dous obradoiros. O dual Constrúe en verde e tamén outro de garantía xuvenil Máis Emprego. A unidade de Concellos como Ribadeo e Barreiros é algo importante e que tamén trae cousas moi positivas e relevantes para a creación de emprego”, declarou o rexedor ribadense.
Vega explicou que “no pleno tamén se someteu a aprobación a modificación do regulamento dos cemiterios municipais. O que quixemos foi desatascar, solucionar e darlle unha resposta a moitas familias. Imos darlle axilidade administrativa. Moitas persoas tiñan en posesión un nicho e se non o querían ter non se podían desfacer del, soamente a un familiar. Iso non nos parecía moi xusto. Agora se un titular dun nicho non o quere, reverte na propiedade que é o Concello de Ribadeo e o Concello fai un sorteo público para que todas aquelas persoas que precisan unha sepultura poidan concorrer a el. Agora tamén hai unha segunda proposta, que é a construción de máis nichos, a ampliación do cemiterio”.
Abastecemento de auga
O alcalde subliñou que “imos tamén falar dun tema moi importante durante os vindeiros tempos, que é o estudio de viabilidade económica e financieira e a revisión de prezos para o contrato de servizos de abastecemento de auga, saneamento e depuración. Estamos a falar dunha licitación moi importante de máis de 24 millóns de euros. É algo moi importante para Ribadeo o abastecemento de auga, investir e poñer solucións a moitos problemas que temos aquí. A primeira parte quedou aprobada por unanimidade no pleno de onte e seguiremos a traballar neste asunto”.
Para Dani Vega “o de onte foi un pleno moi construtivo no que demos solución a moitos problemas e nesta liña imos seguir: traballando, xestionando, e dando resposta a moitas problemáticas, pero traballando en conxunto é como solucionan”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



