Barreiros, 3 de marzo, 2024. San Miguel de Reinante, en Barreiros, celebrou este domingo a feira de gando de San Rosendo, que a Comisión de Festas de San Rosendo recuperou o ano pasado co apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, retomando a tradición gandeira das festas.
Ganderías da comarca da Mariña e do occidente asturiano participaron na feira -con exemplares de gando vacún, cabalar e caprino -, no certame morfolóxico de Pura Raza Galega e nas carreiras de cabalo marchador galego que se celebraron ao longo da xornada, que contou tamén cun mercado de artesanía e animación musical.
CONCURSO MORFOLÓXICO CABALAR DE PURA RAZA GALEGA
•Eguas: 1º premio Galaxia de Juan Paz Paz ; 2º premio Lola de Rúa de Juan Paz Paz, 3º premio Lenda do Couto de Fernando Groba
•Sementais: 1º premio Khalifa de José M Pardo Reigosa; 2º premio Domingo de Boimente de Adrián Mariño, 3º premio Vexeta de Ruben Bello Basanta
•Poldros: 1º premio Cumbia de Rúa de Albá Boanco; 2º premio Cereixa de Lourenzá de Diego Terron, 3º premio Raiana do Couto de Fernando Groba Bouza
CONCURSO MORFOFUNCIONAL DE POLDROS CABALO MARCHADOR GALEGO
•1º premio Verania de Anceis de Ángel Seoane Iglesias; 2º premio Alecrín de Rúa de Senén Rega, 3º premio Diamante Danceis de Daniel Seoane
MELLOR EXEMPLAR CABALAR NON PURA RAZA GALEGA
•Eguas: 1º premio Triana de Ana Acevedo; 2º premio Morita de Maria Isabel Reigosa, 3º premio Brisa de Alberto Garcia
•Sementais: 1º premio Baldomero de José Manuel Marrube Garcia; 2º premio Argo RDG de Diego Freire Yanes, 3º premio Little Visuais de Óscar Otero
•Poldros : 1º Fresita (Fillo de Morita) de María Isabel Reigoso
MELLOR EXEMPLAR BOVINO DE PURA RAZA GALEGA
•Vaca raza cachena: 1º premio Fernando Lopez; 2º premio Marco Vázquez Lopez
•Vaca raza caldelá: 1º premio Alejandro Salvatierra; 2º premio Alejandro Salvatierra
•Vaca raza frieiresa: 1º premio e 2º premio Gonzalo Seoane
•Vaca raza limiá: 1º premio e 2º premio David Lopez
•Vaca rubia galega: 1º premio David Lopez; 2º premio Gonzalo Seoane
MELLOR BURRO FARIÑEIRO: Dinamita de Antonio Aradas Regueira
MELLOR LOTE CAPRINO: Diego Vidal Rey






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



