Debullarán as principais novidades incluídas na Lei 8/2021, que modifica o paradigma para establecer un sistema de apoios ás persoas con discapacidade, dándolles plena capacidade xurídica
Burela, 25 de abril de 2024. A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) está a realizar un ciclo de presentacións da recen editada Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido. Aproximación á Lei 8/2021 e a outras normativas de interese para o colectivo, elaborada polo avogado e responsable do servizo de asesoramento legal da Federación Miguel Vieito.
O mesmo Miguel Vieito, xunto coa traballadora social de FEGADACE, Carla Miranda, é o encargado de impartir estas sesións informativas, que o 26 de abril chegan a Burela. Grazas á colaboración do Concello, a charla vai ter lugar no Salón de Plenos do edificio consistorial, a partir das 16:30. A inscrición pode realizarse por teléfono ou por Whatsapp no 689 083 144 ou cubrindo este formulario.
O ciclo de presentacións, que organiza FEGADACE en colaboración coa Escola Galega de Saúde para Cidadáns, ten paradas nas cinco asociacións membro de FEGADACE (ADACECO, ADACE Lugo, Alento, DCA Ourense e Sarela), nas localidades de Sober e Burela, e en forma de webinar en colaboración co Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Diríxese tanto a profesionais dos ámbitos dos servizos sociais e da discapacidade como a persoas e familias con dano cerebral adquirido. Co obxectivo de achegar esta información a cantos máis axentes sexa posible, a inscrición nas charlas é gratuíta e aberta a profesionais e residentes nas comarcas e áreas de influencia dos dous concellos lucenses.
Guía legal e cambios normativos
O cambio de paradigma que implica a Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesual para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, supuxo un inxente volume de cambios que as familias e persoas con dano cerebral adquirido teñen o reto de coñecer e incorporar.
Para facilitar o coñecemento desta reforma normativa, FEGADACE elaborou, no marco do Proxecto Rumbo, unha Guía legal para persoas con dano cerebral adquirido que agora presenta nesta serie de sesións informativas, nas que tamén se resolven dúbidas e se expoñen as modificacións a nivel de figuras de apoio, baremo de discapacidade, patrimonio e herdanzas ou instrucións previas no ámbito médico.
A filosofía xeral do que na Guía se denomina “tsunami xurídico” implica superar o sistema de modificacións de capacidade ou incapacitacións, como se coñecían popularmente, para pasar a un sistema de apoios que realiza un “traxe a medida” de cada persoa con discapacidade en función das súas capacidades e das barreiras coas que se enfronta
Tanto a edición da Guía como o ciclo de sesións de presentación da mesma están financiadas polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, a través da súa inclusión no Proxecto Rumbo. Esta iniciativa busca un novo modelo de autonomía persoal que conta entre as súas liñas de traballo coa potenciación do apoderamento do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido e as súas familias.
Sobre o Proxecto RUMBO
O ‘Proxecto RUMBO: cara a un modelo de autonomía persoal conectada e inclusiva’ é unha iniciativa colaborativa desenvolta entre distintas confederacións do Terceiro Sector da discapacidade (COCEMFE, ASPACE, Impulsa Igualdad, FEDACE e AUTISMO ESPAÑA). O obxectivo é impulsar o deseño de modelos innovadores de apoio á autonomía persoal e a vida independente de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con maiores necesidades de apoios, mediante a combinación de servizos e recursos que poidan facilitar unha forma de vida inclusiva na sociedade en condicións de seguridade, accesibilidade e benestar.
Este proxecto, que conta coa participación de 22 entidades destas confederacións repartidas en cinco comunidades autónomas, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España, ligado á súa vez aos fondos Next Generation da Unión Europea.






















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



