O Valadouro, 15 Abril, 2024. Os Bombeiros de Barreiros rescataron co seu vehículo de altura a dúas persoas do 4º piso pola fachada do inmoble, que, tras os intentos dos profesionais sanitarios, tan só lograron estabilizar a unha delas, a outra persoa nada se puido facer por salvarlle a vida.
O edificio tivo que ser desaloxado e, tras a valoración dos profesionais de extinción, os residentes non poderán volver ás súas casas ata pasados uns días, debido aos danos causados.
Todo parece indicar que o lume iniciouse nunha habitación da vivenda do 1º piso, que ardeu na súa totalidade, quedando toda ela afectada polos gases e polo fume ocasionado. O impacto causado polas chamas fixo que rebentase unha xanela que conectaba co patio de luces do edificio, o que provocou a rotura de cristais nas demais vivendas, incluso os pisos superiores tamén resultaron afectados polo fume e polas altas temperaturas alcanzadas. Con todo, os axentes da Garda Civil traballan agora para esclarecer as causas que orixinaron o incendio.
Un amplo dispositivo púxose en marcha nada máis recibir a chamada de varios alertadores no 112 Galicia, ás 14:45 horas desta tarde. Todos eles indicaban que vían saír fume da galería dun piso dun edificio de catro andares, situado na Avenida da Deputación, en Ferreira, no concello lucense do Valadouro. Engadían, ademais, que había xente nos balcóns que pedían axuda.
Así, con estes datos, desde o 112 Galicia informouse enseguida aos Bombeiros de Barreiros e ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que derivou ao momento varias ambulancias. Do mesmo xeito, os xestores do 112 puxeron os feitos en coñecemento da Garda Civil, do GES de Cervo e dos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Tras informar o persoal do Concello e confirmarse a complexidade da situación, tamén foron informados os Bombeiros de Viveiro, que, aínda que se desprazaron de inmediato ata o lugar, non foi necesaria a súa intervención.
Finalmente, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 confirmou aos xestores do 112 o falecemento dunha persoa e o traslado doutras dúas, unha delas ao Hospital da Mariña e a outra ao PAC de Burela.






















Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



