O encontro, organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeiras”, agarda recibir a centos de palilleiras no Porto de Burela
Burela, 15 de maio de 2024. O Concello de Burela acollerá o vindeiro 18 de maio o seu XIV Encontro de Palilleiras, un evento organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras “As Encaixeras” que agarda recibir a centos de palilleiras para compartir arte e tradición.
O acto presentouse no Concello de Burela coa presencia da alcaldesa, Carmela López, o deputado provincial Iván Castro e a presidenta de “As Encaixeiras”, Paqui Romo.
O encontro desenvolverase integramente no Porto de Burela, con horario de mañá e de tarde de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 horas. Durante a xornada tamén será posible visitar o Barco Museo “Reina del Carmen”.
A programación comezará coa recepción das palilleiras, dando paso ás 11:30 horas á inauguración do acto, seguida dunha degustación de empanada de merluza e dunha viaxe ó Monte Castelo e á Igrexa Vila do Medio.
Ó mediodía haberá un parón para a comida e xa pola tarde será a quenda dun sorteo de regalos ás 17:30 horas. Durante toda a xornada as palilleiras estarán traballando no porto, intercambiando coñecementos entre elas e amosando a súa arte ós que se acheguen.
En paralelo a este programa tamén haberá unha exposición de mantillas bordadas e mantillas de bolillos procedentes da colección privada de Sol Teijeiro e un obradoiro de Marisa Hermida, “Creación dunha mimosa”, para un grupo de vinte persoas, previa inscrición.
“Queremos felicitar á asociación polo seu traballo para sacar adiante este encontro, todo un referente na programación sociocultural de Burela, da comarca da Mariña e de toda a provincia”, apuntaron Deputación de Lugo e Concello de Burela.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, insistiu en que a asociación “déixase a pel nos meses anteriores ó encontro para que todo saia ben ese día”. “Palillar é unha tradición e cultura e ese día poderemos ver os vínculos sociais que se forman en torno a este encontro”, conclúe.
























En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.


